Os mellores traballos dos novos creadores do Certame de Artes Plásticas, no Cultural da Deputación
 
O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolle tamén, xunto a exposición dos homes-montaña de Ramón Conde, a dos traballos ganadores e seleccionados polo xurado do Certame de Artes Plásticas para menores de 30 anos da institución titular desta sala. A obra premiada, a do ourensán Fernando Durán, preside esta expo dos novos creadores.
 
 
 
 
 
8 de SEPTIEMBRE de 2012: OURENSE DIXITAL

O Centro Cultural da Deputación de Ourense inaugurou este venres a exposición cos traballos ganadores e cos seleccionados polo xurado do Certame de Artes Plásticas para menores de 30 anos que anualmente convoca esta institución.
A inauguración desta mostra coincidiu tamén coa entrega de premios.

Unha fotografía en gran formato que recolle unha escena nocturna dun bosque cunha muller, presentada sen título e da que é autor Fernando Durán, foi o traballo seleccionado polo xurado como ganador da XI edición do certame de Artes Plásticas da Deputación.
Fernando Durán é ourensán e convértese no primeiro artista local en ganar este codiciado premio, ao que se presentaron nesta edición un total de 166 traballos procedentes de lugares como México, Italia e a  práctica totalidade da xeografía española.
O segundo premio foi tamén para unha fotografía, neste caso un retrato de Jesús Madriñán.
O terceiro premio foi para o madrileño Ignacio García Sánchez, cun traballo en tinta e acuarela sobre papel.
As bases tamén recollen dous accésits para senllos videos, un deles unha performance nos baños do local santiagués Modus Vivendi, de Olmo Blanco Fuentes; e un video titulado El coche de San Fernando, do colectivo artístico Batbirulau e presentado por Patricia Agudo.
Dado o elevado nivel dos traballos presentados, os membros do xurado quixeron distinguir os traballos de Miren Xare Alvarez Beracoechea, Andrea Outeiral Díez e Jonathan Bellés García.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Un ourensán, Fernando Durán, gaña por primeira vez o certamen de Artes Plásticas da Deputación de Ourense  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 8, JUEVES
 
El Gobierno de Ourense asegura haber perdido tanto dinero como el que le da la Xunta a la ciudad, “ni un euro”
Paz alerta de que sin contratos homologados los precios de la uva podrían caer hasta un 40%
Educación dice que en el Ben Cho Shey de Pereiro de Aguiar se cumple la normativa vigente
Casi medio millón de euros importa el acondicionamiento fluvial del Sil en O Barco que aborda la CHM-S
Los socialistas preguntan a la Xunta por el enlace Bande-Muiños desde la OU-540 presupuestado para 2011