Adxudicada a redacción do proxecto de urbanización para a futura Ronda Termal de Ourense na Nacional 120
 
O Concello de Ourense ven de adxudicar o proxecto de execución das obras de remodelación do ramal sur da estrada Nacional 120 para conformar a futura Ronda Temal da cidade. Plans Estratéxicos Territoriais de Transporte e Ambientais S.L. é a empresa escollida por o Comité de Expertos do Concello entre as propostas que presentaron 10 empresas. A Xunta de Goberno Local deste xoves deulle tamén o visto e prace a adxudicación definitiva de obras de humanización no barrio de O Couto, así como a demolición dos inmobles números 14 e 16 da rúa do Vilar.
 
 
 
 
17 de AGOSTO de 2012: OURENSE DIXITAL

A futura Ronda Termal da Nacional 120 deu este xoves un paso adiante coa adxudicación por parte da Xunta de Goberno Local da redacción do proxecto de execución das obras de remodelación do ramal sur da estrada N-120.
Segundo a valoración do Comité de Expertos, que tivo en conta as propostas técnica e económica das 10 empresas presentadas a concurso, o licitador mellor valorado foi Plans Estratéxicos Territoriais de Transporte e Ambientais S.L.

O obxecto do contrato é a redacción dun proxecto de execución das obras de remodelación, que definirá detalladamente as obras que deban efectuarse e o xeito de realizalas, precisando as características dos materiais a empregar e as especificacións das unidades de obra a executar, para a obtención dos resultados óptimos dende un punto de vista técnico e económico.
O ámbito para a redacción do proxecto abrangue o Ramal Sur da Estrada N-120 entre o paso superior do acceso norte da A-52 e a glorieta norte da Ponte do Ribeiriño, así coma dos viais de conexión co ramal norte de dita estrada, para a conformación da Ronda Termal. A superficie aproximada do ámbito é de 114.000 metros cadrados.

A redacción do proxecto será financiado con cargo ó convenio de colaboración entre o Instituto de Turismo de España e o Concello de Ourense, que pretende impulsar o desenvolvemento termal da cidade. Conforme ós obxectivos do convenio, dun millón de euros de contía, o Concello pode financiar, entre outros "Estudios de viabilidade, proxectos de infraestructuras, informes e asistencias técnicas", e o "Proxecto de Bulevar Termal", que figuran no anexo de actuacións a realizar.

Obras de  humanización no barrio do Couto

Tamén este xoves a Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adxudicou, agora con carácter definitivo, a execución das obras de humanización da rúa Remedios, no treito comprendido entre a rúa Greco e a rúa Castro Canseco. As obras serán realizadas pola empresa Construcciones Hermanos Carrajo, S.A., e suporán un investimento de 433.103 euros, IVE incluido.

Preténdse a readecuación da rúa dos Remedios, no treito comprendido entre a rúa Greco e a rúa Castro Canseco, coa finalidade de mellorar a accesibilidade de peóns e vehículos á rúa e adecuala a colectivos con dificultades. Para isto, procederase á pavimentación táctil das beirarrúas nas zonas próximas ós cruces, para facilitar o paso de invidentes. Igualmente, crearanse zonas de aparcamento para persoas de mobilidade reducida, incidindo así na integración destes colectivos nos barrios da cidade.

Outra das actuacións contempladas é a referida á renovación do alumeado actual e do sistema de saneamento.
A humanización completarase coa creación de novos espazos verdes e a plantación de arborado, así como coa incorporación de mobiliario urbano, entre o que se inclúen bancos, papeleiras, varandas ou proteccións.

Demolición dos inmobles 14 e 16 da rúa do Vilar

Paralelamente, a Xunta de Goberno Local acordou a adxudicación da demolición de dúas edificacións contiguas, sitas na rúa Vilar, números 14 e 16, no casco histórico, no ámbito das Burgas, situados en solo urbano consolidado, por importe de 71.000 euros
Implican un volume a demoler de 1,6 metros cúbicos.
Ambos edificios se atopan en mal estado de conservación, mostrando signos de deterioro nas fachadas, actualmente protexidas por redes ante o risco de desprendementos, ao igual que o interior, que obriga a unha intervención de vaciado.

O sistema de demolición opta por un sistema de demolición combinada, de arriba cara abaixo, que non poderán afectar nin provocar remocións no subsolo pola presenza de restos arqueolóxicos.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 17, MIÉRCOLES
 
El BNG de Valdeorras acusa a Samuel Juárez de poner en peligro la vida de personas y pide su "demisión inmediata"
Acuña preguntará en el Parlamento como la Xunta piensa compensar a los valdeorreses afectados por los fuegos
Segundo incendio en Vilar de Astrés en cuatro días, y sin controlar el de San Cristovo de Cea
La afinidad de Fernández Liñares con Iberdrola lleva al BNG a pedir el "cese inmediato" del pte. de la CHM-S
El BNG alega que el "Santa Cristina" es un proyecto "especulativo" y "legal, pero poco honesto"