Turismo da Xunta adica 75.000 euros a un stand de 36 mts. durante 3 días na Termatalia Perú 2012
 
Turismo da Xunta e Expourense asinaron este xoves en Santiago un acordo de colabvoración para a promoción do Turismo de saúde e benestar da Comunidade galega na Termatalia Perú 2012, a celebrar no mes de setembro en Lima. A través deste convenio, no que a Secretaría Xeral para o Turismo investirá 75.000 euros, Turgalicia instalará un stand de 36 metros cadrados para a promoción de Galicia con destino de Turismo de saúde e benestar.
 
 
 
 
 
10 de AGOSTO de 2012: OURENSE DIXITAL

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e mais o director xerente da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense, Alejandro Rubín, asinaron este xoves en Santiago un acordo de colaboración para a promoción internacional do Turismo de saúde e benestar da Comunidade galega a través do certame Termatalia Perú 2012, Auga e Natureza, que se celebrará os días 28, 29 e 30 de setembro na capital peruana, Lima.
Expourense é o organismo encargado de organizar esta feira e, dentro da mesma, desenvolverase o evento Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo, no que, entre outras accións, está previsto desenvolver un encontro de prensa especializada internacional, unha Bolsa de contratación turística, cursos e obradoiros, a recreación dun Espazo Balneario, unha xornada de proxectos de Investimento, a instalación dun Bar de augas e un Encontro de Políticas Públicas sobre Termalismo.

A través deste convenio, no que a Secretaría Xeral para o Turismo investirá 75.000 euros, Turgalicia instalará un stand de 36 metros cadrados para a promoción de Galicia con destino de Turismo de saúde e benestar.
Ademais apoiará a recreación e montaxe do Espazo Balneario, promoverá eventos de comunicación na feira, financiará o Encontro internacional sobre auga e termalismo e promocionará a través da prensa local e estranxeira especializada en termalismo este evento.

Na sinatura deste convenio de colaboración, Carmen Pardo salientou a importancia que ten o Turismo de saúde e benestar para Galicia, que cualificou como “produto senlleiro”, xa que a Comunidade galega ocupa o primeiro lugar de España canto a número de establecementos e prazas hoteleiras relacionadas con este segmento turístico.
No ámbito da calidade, a secretaria xeral para o Turismo salientou a importancia que teñen os balnearios no conxunto dos servizos turísticos galegos, xa que, na actualidade existen sete hoteis balneario certificados co Q de calidade turística, o que supón o meirande número de establecementos deste tipo de toda España.
Por outra parte, Carmen Pardo destacaou a internacionalidade desta feira, que no eido turístico é, xunto coa Feira Internacional do Turismo de Madrid e o Salón Internacional do Truismo de Cataluña, Termatalia é a única que ten carácter internacional.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 10, MIÉRCOLES
 
La "desidia" de la CHM-S en el caso del Embalse de As Conchas obligará a la ministra Aguilar a comparecer en el Senado
Explosiona un artefacto en el Concello de Rairiz de Veiga, posiblemente dirigido a una administrativa
CC.OO. denuncia también que el CHUO "esconde" a los pacientes de Urxencias en la Sala de Observacións
Pereiro de Aguiar tiene un trabajador en el Concello por cada 68 vecinos, hasta un total de 87, 71 eventuales
El PSOE de Carballiño denuncia el veto del alcalde a la presencia de dos ediles socialistas en un acto