A Deputación presentou o que foi o derradeiro traballo do antropólogo Xosé Antonio Fidalgo Santamariña
 
A Deputación de Ourense presentou este xoves o que foi o derradeiro traballo do antropólogo Xosé Antonio Fidalgo Santamariña, un traballo adicado ao polbo e as polbeiras cuxo traballo de campo centrou nas de Santa María e San Xoán de Arcos na bisbarra do Carballiño. O presidente da institución ourensá sinalou que dixo que este traballo "é unha completa obra sobre un tema de gran importancia gastronómica".
 
 
 
 
 
3 de AGOSTO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Deputación de Ourense presentou este xoves o primeiro estudo científico e etnográfico sobre o polbo e os polbeiros tradicionais en Ourense, un libro do que é autor o antropólogo Xosé Antonio Fidalgo Santamariña e que supuxo a súa obra póstuma.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo que este traballo "é unha completa obra sobre un tema de gran importancia gastronómica, cultural e etnográfica para a provincia de Ourense, como é o polbo e as polbeiras, tanto pola súa singularidade como polo feito de ser un libro realizado por unha das máximas autoridades antropolóxicas de Galicia como foi Fidalgo Santamariña, herdeiro da traxectoria intelectual de Xaquín Lorenzo".

Trátase dun minucioso estudo, froito de máis de 25 anos de investigación do autor sobre o tema do polbo en toda a súa dimensión, que vai desde a morfoloxía e bioloxía do animal; as artes de pesca; a súa  almacenaxe, transporte e distribución, e a súa preparación e venda nas feiras e festas.
Fidalgo Santamariña fai, ademais, unha referencia especial ao oficio dos polbeiros, estudando en profundidade as de Santa María e San Xoán de Arcos, e as doutras parroquias lindeiras co municipio do Carballiño, terras nas que se atopa a orixe desta actividade. "A obra constitúe un valioso traballo de campo no que o autor se achega ás xentes e ao oficio, tendo en conta a todos os actores do proceso, e co que a Deputación de Ourense conmemora os 50 anos dunha das principais festas da provincia, a Festa do Polbo do Carballiño, e ademais réndelle homenaxe a Fidalgo Santamariña, traballador incansable da cultura e das tradicións de Ourense, quen merece todo o noso recoñecemento", dixo Manuel Baltar.

Os asistentes á presentación coincidiron en destacar a singularidade de que nunha provincia do interior un produto do mar sexa unha referencia constante nas festas e na gastronomía: o "polbo á feira", que constitúe un prato de recoñecido prestixio dentro da arte culinaria ourensá. Por ese motivo, esta publicación resulta de sumo interese para a institución ourensá, que ten entre os seus obxectivos potenciar e difundir o propio e característico da nosa provincia.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 3, MIÉRCOLES
 
Rodríguez rebate a Pérez Bouza y habla de "ano histórico" para Ourense en inversiones del Estado
Turismo del Concello invita en los aeropuertos gallegos a venir a Ourense como destino que siempre ...
A licitación la redacción del proyecto de la conexión entre las nacionales 120 y 536 en Valdeorras
El PSOE denuncia que el PP en San Cibrao vota en contra de lo que aprueba en el Parlamento de Galicia
Comezou o Campo de Traballo da Xunta de Galicia en Ourense, para 20 mozos de entre 18 e 24 anos