Real Madrid, Celta, Deportivo e Pabellón xogarán polo Torneo Xuvenil de Fútbol, Memorial Manolo Arnoia
 
Real Madrid, Celta de Vigo, Deportivo de A Coruña e Pabellón de Ourense son os catro equipos que participan este ano, IV edición, no Torneo Xuvenil Memorial Manolo Arnoia de fútbol xuvenil. Todo o Torneo xógase o sábado, día 25 deste mes de agosto no campo de fútbol de Santa Cruz de Arrabaldo.
 
 
 
 
 
31 de XULLO de 2012: OURENSE DIXITAL

Real Madrid-Celta e Deportivo-Pabellón son os emparellamentos do IV Torneo Xuvenil Memorial Manolo Arnoia que se disputará o vindeiro 25 de agosto no campo de fútbol de Santa Cruz de Arrabaldo, organizado por la S.D.C. Arrabaldo.
Estes catro equipos forman o cartaz do Torneo deste ano, presentado polo concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Fernando Varela, como "o mellor torneo xuvenil de Galicia de fútbol".

Concelleiro e organizadores manifestaron á hora de presentar este evento, que se pretente que o Memorial Manolo Arnoia constitúa un dos mellores escaparatates galegos do fútbol xuvenil. Ao tempo que Fernando Varela subliñou que "non nos equivocamos ao facer dende o Concello o traballo que se fixo neste campo de Santa Cruz".

O Memorial Manolo Arnoia xógase a xornada única, a do sábado, día 25 de agosto. Os partidos de semifinais que darán o pase a final aos dous respectivos gañadores, terán lugar ás 10 e ás 12 horas. Xa pola tarde, ás 17:30 xogarase polo terceiro e cuarto posto, mentras que a final do Torneo terá lugar a partires das 19:20 Hs.
Os partidos serán de 40 minutos cada tempo e 10 de descanso. En caso de rematar o encontro con empate a goles, o gañador sairá da tanda de penalties.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA