Ourense instalará colectores específicos para a recollida de aceites vexetais, roupa e calzado
 
A capital ourensá disporá en vindeiras datas de colectores específicos para a recollida de aceites vexetais, así como de roupa e calzado. Así o acordou a Xunta de Goberno Local na súa sesión semanal deste xoves. O Goberno municipal quere con esta medida "reducir o impacto ambiental negativo que produce a vertedura indiscriminada destes residuos, especialmente no caso dos aceites". O Concello calcula que Ourense produce cada ano aceites residuais suficentes para contaminar 750.000 metros cúbicos de auga
 
 
 
 
 
27 de XULLO de 2012: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense instalará na cidade colectores de aceite vexetal, roupa e calzado, segundo ven de aprobar a Xunta de Goberno Local na sesión semanal deste xoves
Con esta medida, "preténdese reducir o impacto ambiental negativo que produce a vertedura indiscriminada destes residuos, especialmente no caso dos aceites", sinala este órgano de Goberno municipal.
Segundo cálculos do Servizo de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos Sólidos Urbanos dependente da Concellería de Limpeza, estes desperdicios provocan actualmente a contaminación de 750.000 metros cúbicos de auga cada ano.

Deste xeito, perséguese incidir na sostibilidade e na mellora constante da xestión medioambiental en Ourense, ó tempo que se obtén un importante aforro económico.
Os restos de aceites vexetais usados, procedentes do consumo doméstico e das actividades de restauración e hostelería, destinaranse principalmente á obtención de biodiésel e á valorización enerxética destes residuos, así como para o seu emprego na aplicación doutros produtos industriais -barnices, lubricantes, pinturas, cosméticos, etc.-.

No caso da roupa, calzados, roupa de fogar e complementos diversos -cinturóns, garavatas, bolsos, carteiras, etc.-, a xestión destes residuos incluirá a súa reutilización e a reciclaxe daqueles materiais que sexa posible, a súa valorización enerxética ou a eliminación no vertedoiro, como última opción, naqueles casos nos que non sexa posible o seu aproveitamento a través dalgunha das anteriores opcións.

Para a colocación dos colectores de aceite, terase en conta a distribución dos actuais puntos de recollida de residuos, atendendo ás previsións de uso dos distintos puntos da cidade. Respecto das especificacións técnicas destes colectores, deberán dispor dun sistema de recollida na parte inferior, así como dobles paredes que actúen ante posibles fugas ou desbordamentos que poderían provocar incidencias na contorna do colector.
Asimesmo, a boca estará adaptada a todo tipo de recipientes de ata 2 litros de capacidade, cunha tapa de caucho ou cepillo para evitar a saída de olores.
A cantidade de colectores de recollida selectiva de aceite vexetal que se instalarán na cidade oscilará entre un mínimo de 60 e un máximo de 105, atendendo ás necesidades específicas de cada zona da cidade.
O seu baleirado levarase a cabo cunha periodicidade mínimo de 20 días nas zonas urbanas, e de 30 días nas zonas periurbanas, podéndose reducir o prazo en caso de necesidade.

No caso dos colectores destinados á recollida de residuos textís, a súa tipoloxía e deseño serán resistentes ó lume, ós axentes meteorolóxicos e ás pintadas. Ademais, a súa cuberta exterior será resistente a posibles actos vandálicos, e contará con dúas pechaduras.
Para garantir a hixiene do proceso, a empresa adxudicataria farase cargo do mantemento dos colectores. O número de colectores oscilará entre un mínimo de 17 e un máximo de 32, que se ubicarán nos seguintes emprazamentos:

Rúa do Vinteún, anexo ó Instituto
Rúa Santa Teresita
Avenida Vistahermosa/Praza Taboada Chivite
Poeta Alfonso Alcaraz
Praza Daniel González
Luís Trabazos
Rúa Vasco Díaz Tanco
Rúa Nosa Señora da Saínza
Praza Fernando Fulgosio
Rúa Francisco Huertas
Praza da Lexión
Rúa Monte Penamá
Rúa Roi Paez
Rúa Coruña
Rúa Peña Trevinca
Rúa Celso Emilio Ferreiro
Xoán de Novoa
Rúa Ramón Cabanillas/Avenida de Buenos Aires
Rúa Sáenz Díez
Rúa Curros Enríquez
Rúa Doctor Fleming
Rúa Ervedelo/Rúa Zurbarán
Rúa Camiño Caneiro
Rúa Francisco Asorey/Fernández Mazas
Rúa Salvador Dalí
Nuño de Ousende
Ribeiriño/Avenida das Caldas
Xesús Pousa
Basilio Álvarez
Rúa Abelardo Arce

Proxecto de adaptación para o centro de interpretación termal

Na mesma sesión, a Xunta de Goberno local aprobou a ordenación decrecente das ofertas presentadas para a contratación da obra do proxecto de adaptación para o centro de interpretación  termal do contorno BIC As Burgas, ámbito mercado tradicional do rianxo-hortas traseiras das Burgas. A empresa "Actividades, construcciones y voladuras S.L." presentou a mellor das propostas económicas, con 178.813 euros.

O proxecto consiste na intervención en locais propiedade do Concello sitos en catro edificios da rúa Vilar nº 6, 8, 10 e 12, para darlles novos usos que veñan reforzar o atractivo da zona, complementando ó futuro Centro de Interpretación.
Nesta zona, o Concello conta con locais de pequenas dimensións con accesos independentes e unha distribución fragmentada, situados nas plantas baixas, entreplantas e semisotos de edificios xa construídos no tecido residencial do Casco Vello.

O obxectivo da actuación é realizar un proxecto que coa súa arquitectura consiga unha visión unitaria do conxunto para logo ubicar nel o discurso expositivo do futuro Centro de Interpretación Termal.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO

 
 
 
HACE HOY UN AÑO 27, MIÉRCOLES
 
Rodríguez demanda a la Xunta que cumpla con la reparación de viales que ha ceder al Concello de Ourense
La Deputación aprueba su organigrama político y las retribuciones de los 25 este miércoles
El PP pide al Concello de Ourense que articule los mecanismos precisos para regular el botellón
La asistencia técnica de las expropiaciones del AVE entre Zamora y Ourense costará un millón de euros
El Grupo del PSOE de O Pereiro pide ampliación del Ben-Cho-Sey en vez de dinero para los centros privados