Educación do Concello fomenta entre casi un cento de rapaces o interese polo coidado do medio ambiente
 
No periplo de visitas que o alcalde da cidade está cursando ás actividades de verán para os nenos que organiza o Concello da capital, Francisco Rodríguez acudíu este martes a Aula de Natureza de Oira. Aquí asistiu á solta dun miñato que levaron a cabo axentes forestais do centro de recuperación de aves do Alto do Rodicio, que antes impartiron unha charla expositiva aos nenos. O obxectivo do programa é concienciar aos nenos dun xeito lúdico da importancia da conservación do medio ambiente.
 
 
 
 
25 de XULLO de 2012: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Ourense, o socialista Francisco Rodríguez, continua periplo de visitas polas distintas actividades de lecer que organiza o Concello este verán para os nenos da cidade. Rodríguez asistiu este martes á solta dun miñato que levaron a cabo axentes forestais do centro de recuperación de aves do Alto do Rodicio, que antes impartiron unha charla expositiva aos nenos.
A visita do alcalde foi este martes a Aula da Natureza de Oira, onde este mes de xullo participan 47 nenos no marco  do programa de actividades de verán impulsadas pola Concellería de Educación.

O obxectivo destas actividades é concienciar aos nenos da importancia da conservación do medio ambiente como parte fundamental da súa vida e saúde. "Todo isto, a través de actividades que van dende o coñecemento da fauna e flora da provincia de Ourense ata outras de reciclaxe, xogos populares, traballos na horta, formación sobre incendios forestais, recuperación e liberación de aves ou visitas a entornos naturais como a Lonia ou Velle", sinala ao respecto a Concellería de Ana Garrido.

Durante este mes de xullo, algunhas das charlas que se ofreceron aos nenos versaron sobre o cambio climático, a importancia da seguridade e o bo uso da Internet, a limpeza de montes e ríos, a reciclaxe e reutilización de materiais, ou o funcionamiento das piscifactorías. En agosto, o programa seguirá a mesma dinámica, cun amplo e variado abano de actividades coas que aportar ós máis pequenos un entretemento instrutivo nun entorno san e natural.

A Aula da Natureza, sita no Paseo de Oira, oferta este programa de actividades relacionadas coa natureza e o medio ambiente durante os meses de xullo e agosto para nenos e nenas de 6 a 13 anos, en horario de mañá de 10.00h. a 13.00h, e de tarde de 17.00h a 20.00h. Ao longo deste verán participarán nelas 92 rapaces da cidade, que desfrutarán das posibilidades lúdicas e educativas que ofrece o entorno natural da ribeira do Miño ó seu paso por Ourense.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA