A Deputación presenta o portal Ourense Verde, unha visión 100% natural da riqueza paisaxística da provincia
 
Datos de 3 parques naturais da provincia, 2 reservas das biosfera, 10 lugares de importancia comunitaria, 4 zonas de especial protección para as aves, 3 monumentos naturais, 2 espazos naturais de interese local e outras localizacións que fan de Ourense unha das provincias das que conta cunha maior riqueza paisaxística mellor conservada, é o que ofrece o portal web Ourense Verde que presentou este martes a Deputación ourensá.
 
 
 
 
 
25 de XULLO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Deputación de Ourense presentou este martes o portal Ourense Verde (www.ourenseverde.es), espazo en Internet que ten como obxectivo achegar aos cidadáns o coñecemento do patrimonio natural da provincia de Ourense.
A iniciativa, enmarcada no Plan Ourense 92 da Deputación de Ourense, baséase en sistemas de información xeográfica, e contén datos sobre o patrimonio natural da provincia de Ourense e os seus valores máis salientables: parques naturais, reservas da biosfera, monumentos naturais e zonas de interese local, permitindo tamén a busca destas localizacións por municipios.
Asemade, o portal incorpora o acceso a unha base documental e bibliográfica relacionada con estes espazos e os seus valores naturais.

Segundo explicou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, "esta iniciativa pretende poñer en valor a nosa riqueza cultural, patrimonial e paisaxística, pois Ourense é unha provincia 100% natural e ese é o gran potencial turístico que temos que vender".
O presidente da Deputación ourensá subliñou que Ourense é "sinónimo de natureza", e que "esta é, sen dúbida, a mellor imaxe de marca para unha provincia como a nosa".
Destacou que a Deputación de Ourense cre no medio ambiente, que "é unha área fundamental para a institución provincial".

O xefe do Servizo de Augas e Medio Ambiente da Deputación de Ourense, Javier Bobe, explicou que para a elaboración deste portal web contouse coa participación do Ceida (Centro de Extensión Universitaria e divulgación Ambiental de Galicia). Bobe destacou que o Ceida e a Deputación de Ourense teñen colaborado noutras iniciativas como foi o Congreso de Educación Ambiental dos Centros de Ensino de Ourense, celebrado no ano 2011, "e agora con este proxecto estamos a ofrecer información sobre 27 entornos naturais xeorreferenciados da provincia de Ourense, ademais de descricións de espazos naturais e roteiros".

Ourense Verde ofrece datos de 3 parques naturais da provincia, 2 reservas das biosfera, 10 lugares de importancia comunitaria, 4 zonas de especial protección para as aves, 3 monumentos naturais, 2 espazos naturais de interese local e outras localizacións que fan de Ourense unha das provincias das que conta cunha maior riqueza paisaxística mellor conservada.
Este portal web ven a complementarse coa iniciativa presentada hai uns días polo presidente da Deputación de Ourense e o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez: o código QR (quick response code) da web que permite a busca rápida de información turística da provincia de Ourense a través do móbil.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA