A Deputación de Ourense convoca os premios "Pura e Dora Vázquez" con prevalencia expresa dos dereitos de edición
 
Dotado un ano máis con 3.000 euros para as dúas modalidades, a Deputación de Ourense ven de anunciar a convocatoria do Premio "Pura e Dora Vázquez de narración e ilustración infantil e xuvenil", que acada xa a súa décima edición. So dous premios cuxos premiados recibirán 1.500 euros cada un. A Deputación de Ourense resérvase todos os dereitos de edición sobre a obra premiada en todas as linguas do Estado, coa posibilidade de cederlles tales dereitos a terceiros, e poderá publicar esta sen limitación do número de exemplares nin de edicións.
 
 
 
 
29 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Deputación de Ourense ven de convocar o “X Premio Pura e Dora Vázquez de narración e ilustración infantil e xuvenil”, dotado con 3.000 euros para as dúas modalidades, certame que quere recoñecer a calidade literaria e artística de traballos creados para nenos e xóvenes.
Poderán concorrer a este premio todos aqueles autores de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega.
Os textos presentados han de ser inéditos e totalmente orixinais.
As bases do premio especifican que de cada orixinal presentaranse seis copias, en papel tamaño folio ou en holandesa, mecanografados a dobre espazo e só por unha cara, antes do día 12 de setembro de 2012, no Rexistro Xeral da Deputación de Ourense.
Co orixinal, que se presentará baixo lema, achegaranse, en sobre pechado, o nome completo, enderezo e teléfono do autor, así como o título do libro, indicando no sobre: “Para o X Premio Pura e Dora Vázquez”.
Para esta modalidade de narración establécese un premio de 1.500 euros.

A Deputación de Ourense resérvase todos os dereitos de edición sobre a obra premiada en todas as linguas do Estado, coa posibilidade de cederlles tales dereitos a terceiros, e poderá publicar esta sen limitación do número de exemplares nin de edicións, e o premio poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado así o considere. Decisión que será inapelable, segundo especifican as bases.

A Deputación de Ourense publicará a obra premiada, tanto o texto como as ilustracións, e distribuirá gratuitamente os exemplares necesarios para os centros de lectura da provincia de Ourense (bibliotecas, centros de ensinanza, asociacións e entidades culturais).
Os cinco mil primeiros exemplares vendidos estarán libres do pagamento de dereitos de autor. O beneficiario do premio, que se compromete a renunciar, expresamente, a calquera pretensión sobre os devanditos dereitos, recibirá gratuitamente vinte exemplares da obra premiada.

Unha vez fallado o premio de narración, o que ocorrerá o vindeiro mes de outubro, convocarase o premio Pura e Dora Vázquez de ilustración. Neste caso, as obras presentadas nesta modalidade tomarán como base o texto premiado na modalidade de narración.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
  Noticias Relacionadas  
 

BASES DOS PREMIOS "PURA E DORA VÁZQUEZ" DE NARRACIÓN E ILUSTRACIÓN INFANTIL E XUVENIL

 
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA