Grandes escultores galegos nunha exposición experimental con vidro no Centro Cultura Marcos Valcárcel
 
O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense acolle dende este venres a exposición REFLEXARTE, proxecto de investigación en vidro de 11 artistas galegos. A exposición chega a esta cidade grazas á colaboración da iniciativa privada coa institución provincial, sinala a propia Deputación ourensá.
 
 
 
 
 
29 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense inaugura este venres, 29 de xuño, a exposición REFLEXARTE, un proxecto de investigación en vidro de once artistas galegos e que chega a Ourense grazas á colaboración da iniciativa privada coa Deputación.
Con este novo proxecto, "o Centro Cultural mantén o seu camiño de consolidación expositiva abrindo ventás a novos campos de actuación artísticos comprometidos coa cultura galega", sinalan os seus responsables.
O proxecto nace na Coruña, con motivo do 75 aniversario da Cristalería El Reflejo, fundada en 1935 por Jesús Ares González. Grazas á xenerosidade desta empresa, os artistas puideron construír os seus propios soños deixando que a imaxinación fluíse a través da beleza e luminosidade transparente do cristal.

Julia Ares, María Xosé Díaz, Tono Galán, Tiago Madeira, Acisclo Manzano, Manuel Patinha, Soledad Penalta, Paco Pestana, Montse Rego, Carmen Senande e Álvaro de la Vega son creadores que desenvolven o seu traballo dende hai anos dentro do ámbito da escultura, e o único argumento que os uniu para a ocasión é o emprego do vidro como medio de actuación.

A súa unión neste proxecto vén demostrar que hoxe a única barreira que se pode aplicar á arte contemporánea é a da calidade. A súa particular visión, utilizando o vidro cunha versatilidade extraordinaria, ensancha o significado de soportes e procedementos.

A aparición dos primeiros obxectos de vidro obtido artificialmente vai ligada ao acceso do home ás altas temperaturas, cando se desenvolveron as artes do lume: a olaría, a metalurxia e a vidraría. Crese que o vidro nace no “Crecente Fértil”, no territorio situado entre os ríos Tigris e Éufrates, e que se estendía desde a costa mediterránea de Siria ata o Golfo Pérsico, entre finais do período Neolítico e os comezos da Idade dos Metais e das Culturas Metalúrxicas.
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 29, MIÉRCOLES
 
El PP quiere que el Concello fuerce a Madrid a concretar en la nueva EDAR de Reza y San Francisco
El Concello de Ourense pedirá a la Xunta de Galicia que espere con el peche del IES Portovello
El Pte. del CCA Couto Centro denuncia “desprecio” de la Deputación de Ourense y una deuda de 2.320 euros
Prol propone llevar las rebajas de verano a la pasarela para diferenciar el Desfile de Moda de Couto Centro
Prosiguen las audiencias de Martínez con los alcaldes de Rairiz de Veiga y Taboadela