Arrancou o torneo dos champións, o III Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala co apoio da Concellería de Deportes
 
Comezou este martes o III Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala que se disputa na cancha central de Os Remedios ata o día 30 de xuño. Nesta edición, redúcense de oito a seis os equipos participantes, ademais de que, en vez de xogarse cuartos, semifinais e a final, disputase unha primeira fase de dous grupos de tres equipos na que todos xogan en contra de todos.
 
 
 
 
 
27 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

Xa está todo listo para que comece a rodar o balón do III Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala -o torneo dos campións-, que se disputa na cancha central dos Remedios os días 26, 28, 29 e 30 de xuño e que este ano vén con novidades. De feito o balón xa empezou a rodar este martes.
Por unha banda, redúcense de oito a seis equipos os participantes, polo que competirán polo triunfo o Concello de Taboadela, como campión da Liga Provincial; o Arranxar / Cafetería Galipán, como campión da Primeira de Ourense; o Dacón FS, como campión da Liga de Carballiño; o Ambulancias Ribadavia, como subcampión da Liga de Celanova (o campión decidiu non participar), o Mc Donald´s, como subcampión da Copa Deputación, e o En Xogo / Karlaska como defensores do título logrado o ano pasado.

Outra das novidades é o formato de encontros; en vez de xogarse cuartos, semifinais e final, disputarase unha primeira fase de grupos (dous grupos de tres equipos) e o campión de cada grupo pasará á final que se celebrará o sábado 30 de xuño a partir das 19 horas.
No grupo A quedaron encadrados o Arranxar, Ambulancias Ribadavia e o En Xogo; mentres que o grupo B está configurado por Dacón, Concello de Taboadela e Mc Donald´s. Catro dos seis participantes disputaron a fin de semana pasada as semifinais da Copa Deputación, e a igualdade foi a nota predominante durante todos os partidos, polo que se prevé un torneo dos campións moi igualado e sen un claro favorito.

Horarios

O Torneo BD comezou este martes, 26 de xuño, cos encontros da primeira xornada de cada grupo. Ás 20.30 horas darán o pistoletazo de saída o Arranxar e o Ambulancias Ribadavia, para despois deixarlle o turno ao Dacón - Taboadela (21.30 horas). Para o xoves 28 queda a segunda xornada na que debutarán o En Xogo (grupo A) e Mc Donald´s (grupo B); os primeiros xogarán ás 21.30 horas contra o perdedor do Arranxar - Ambulancias Ribadavia. O segundo xogará unha hora antes (20.30h.) contra o perdedor do Dacón FS - Taboadela. Para a última xornada desta fase, venres 29, quedan os encontros En Xogo - gañador do Arranxar - Ambulancias Ribadavia, e Mc Donald´s - vencedor do Dacón FS - Taboadela.
O sábado 30, ás 19 horas, será o día da gran final,  que enfrontará os primeiros clasificados dos dous grupos. Antes,  ás 18 horas, xogarase un partido entre un combinado de xogadores da Liga Provincial contra outro de xogadores da Primeira Local de Ourense.

O trofeo está organizado polo periódico Barrios Deportivo e a web mundourense.com, e conta co patrocinio da Concellería de Deportes, o Consello Municipal de Deportes, a Delegación de Fútbol Sala, Academia Proxecto, Anpian, Viaxes Piña e AGS.

Nas dúas edicións anteriores foron campións o En Xogo (en 2011) e o Sobrado (en 2010).
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 27, LUNES
 
Galicia ardió este pasado fin de semana por encima de la media de los meses de julio y agosto del año pasado
Medio Rural pide colaboración ciudadana para evitar que los incendiarios queden impunes
El fuerte calor de este pasado fin de semana pudo haberse vuelto en contra de las Fiestas de Ourense
La zona gratuita de A Chavasqueira cierra la mañana de este lunes por trabajos de mantenimiento
El II Trofeo Barrios Deportivo elegirá al mejor equipo de fútbol sala de la provincia de esta temporada