Raúl Delgado e Iria Muñiz, os alumnos gañadores do XIV Concurso Provincial de Educación Viaria
 
Este luns recibieron os premios os 10 alumnos gañadores do XIV Concurso Provincial de Edudcación Viaria. Un programa coordinado conxuntamente polas concellerías de Tráfico e Educación ao que asistiron 2.990 alumnos e alumnas dos diferentes centros da cidade e máis de 800 aumnos de centros de Educación Primaria da provincia, de entre 3º e 6º de Primaria. Tivo lugar no Parque Infantil de Tráfico As Burgas, instalado no recinto feiral de Expourense.
 
 
 
 
19 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense fixo entrega este luns no Salón de Plenos do Concello, dos diplomas e trofeos aos 10 alumnos que superaron as probas das dúas primeiras fases do XIV Concurso Provincial de Educación Viaria, realizadas no Parque Infantil de Tráfico nos meses de abril e maio.

No concurso podían participar os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria, e na actividade foron seleccionados 100 de entre todos os que participan no programa ao longo do ano, sempre en función das valoracións que os técnicos da DGT e do Concello realizan do seu rendemento anual, quedando seleccionados 28 alumnos nunha primeira fase, e 10 na segunda.
Estos 10 alumnos superaron as probas teóricas relativas á normativa e sinalización vial e as probas prácticas de habilidade e destreza na conducción de karts e bicicletas, realizadas en horario non lectivo.

No programa, coordinado conxuntamente polas Concellerías de Tráfico e Educación, ao Parque Infantil de Tráfico As Burgas, instalado no recinto feiral de Expourense, asistiron 2.990 alumnos e alumnas dos diferentes centros da cidade e máis de 800 aumnos de centros de Educación Primaria da provincia, de entre 3º e 6º de Primaria.

O primeiro e segundo finalista recibiron os seus galardóns este luns de mans da concelleira de Educación Ana Garrido, ao igual que os semifinalistas:

1º premio: Raúl Delgado Boó, de 5º de Primaria do CEIP Seixalbo
2º Premio: Iria Muñiz González, de 6º de primaria do CPR Santa Teresa

Os semifinalistas, todos de 6º curso de Educación Primaria, foron:
Ismael Rodríguez Pereira, do CEIP Prácticas
Oscar Bravo González, do CEIP Prácticas
Fernando Rodríguez Sousa, do CPR San Pío X
Ana Mangana Molina, Primaria do CPR Salesianos
Miguel Seara Cobelas, do SPR Salesianos
Paola Araujo González, do CPR Santo Ángel
Brais Rivada Pérez e Miguel Sánchez Botana, do CPR Santa Teresa

Ao acto de entrega dos diplomas asistiron, ademáis do concelleiro de Tráfico e a concelleira de  Educación, o Xefe Provincial de Tráfico, David Llorente, o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, a Xefa Territorial da Concellería de Educación, Mª Mercedes Galelgo Esperanza, e o xerente de Expourense, Alejandro Rubín.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA