A cidade a través da pintura, nunha exposición da artista ourensá María Jesús Ballester no Museo Municipal
 
Despois de 6 anos agardando poder expoñer no Municipal de Ourense, por fin colga os seus cadros na Sala II deste espazo a pintora ourensá María Jesús Ballester. As cidades da miña ledicia é o título deste exposición onde o cromatismo ilumina os lenzos para transmitir unha imaxe máis humana das cidades, a que a propia Ballester garda das súas viaxes e lembranzas.
 
 
 
 
18 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

O Museo Municipal de Ourense continua coa renovación das súas mostras temporais e inaugurou na Sala II unha colección da artista ourensá Mª Jesús Ballester coa cidade e o urbano como absoluto protagonista.
As cidades da miña ledicia é o título deste exposición onde o cromatismo ilumina os lenzos para transmitir unha imaxe máis humana das cidades, a que a propia Ballester garda das súas viaxes e lembranzas. Lugares como Pekin e Beijing aparecen retratados, xunto con outros máis cercanos como Muros, Ponferrada ou a propia Ourense. Estampas coloristas nas que a artista “aporta unha particular espiritualidade cunha impresionante sinxeleza”.

As cidades da miña ledicia combina lenzos de gran formato con debuxos realizados en técnica mixta (collage, graffiti) nos que a artista  centrase nos pequenos detalles, as farolas, os semáforos, os sumidoiros.
O denominador común das obras é o intenso cromatismo que Ballester consigue traballando cos pigmentos de xeito artesanal, do xeito que o facían os pintores flamengos do século XV, mesturando no seu obradoiro pigmentos e aceites até conseguir a dilución e fluidez buscada.

Na inauguración desta mostra, Ballester apuntou a súa satisfacción por ver os seus cadros expostos, finalmente, nas paredes do Museo Municipal de Ourense, no que solicitara espazo hai xa seis anos. Ballester quixo insistir no intimismo que destilan estas instantáneas urbanas que presenta "esceas que forman parte de min, da miña memoria".

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA