O Municipal da Rúa Lepanto ábrese á pintura de Vázquez-Basalo para recordar o Ourense dos 60, 70 e 80
 
Con unha exposición de José Carlos Vázquez-Basalo, a Concellería de Cultura do Concello de Ourense e o espazo do Museo Municipal desta cidade, dicen querer afondar no Ourense dos anos 60, 70 e 80. O pintor evoca en 20 lenzos o Ourense deses anos, persoaxes e espazos da sociedade e do lecer. Hai na súa compilación desde espazos emblemáticos como a Sala de Festas Auria até lembranzas dos pioneiros da música pop daqueles anos en Ourense, como os Murciélagos ou os Ben Posta.
 
 
 
 
14 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

Respostando a ese proxecto museístico que concibe o Museo Municipal de Ourense "como museo de todos os ourensáns", a Concellaría de Cultura pon en marcha unha nova exposición que dirixe a mirada á historia da cidade e os seus habitantes. Miscelánea, do artista ourensán José Carlos Vázquez Basalo, é unha colección de 20 lenzos nos que o pintor evoca o Ourense dos anos 60, 70 e 80, as súas personaxes e espazos da sociedade e do lecer.  Un percorrido por instantáneas que reproducen espazos emblemáticos como a desaparecida sala de festas Auria, na rúa do Paseo, ou lembran os pioneiros da música pop local, coma Os Murciélagos ou Os Ben Posta.

A colección Miscelánea que se expón desde este mércores na SALA I do Museo Municipal amosa "escenas en interiores que emanan ourensanismo, e escenas ao aire libre, como xogos tradicionais".
O denominador común e a luz e a cor que dominan as composicións figurativas, construindo unhas imaxes que, segundo a Concelleira de Cultura, Isabel Pérez, no acto de presentación este mércores da exposición, "transmiten un intenso sentimento de optimismo, que,  pola súa temática ourensá, convirtense en fe no nosos futuro como cidade e cidadáns".

Vázquez–Basalo, mestre, decorador e artista, forma parte do Museo da cidade desde os anos oitanta, coa obra Abside de Santa María Nai, número de inventario 261.
A súa proposta artística no Museo enmárcase porén "nese esforzo que desde hai 6 anos facemos por facer dos fondos do Museo os auténticos protagonistas", sinalou a concelleira Isabel Pérez, ao tempo que reinvindicou a faciana máis creativa e artística da cidade e contribúen a súa consolidación cultural.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA