Presentado o III Torneo de Fútbol 7 da Cruz Vermella e da Concellaría de Deportes
 
Concellaría de Deportes e Cruz Vermella presentaron o III Torneo de Fútbol 7 que se celebrará este sábado, 16 de xuño, nas instalacións de Oira. É unha iniciativa enmarcada na campaña do Sorteo del Oro, e toda a recadación será para a institución benéfica en cuestión.
 
 
 
 
 
12 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

Concellaría de Deportes do Concello de Ourense e Cruz Vermella presentaron este luns o III Torneo de Fútbol 7 que se celebrará este sábado, día 16 de xuño, nas instalacións de Oira con fins benéficos a favor da propia Cruz Vermella.
Trátase dunha iniciativa enmarcada na campaña do Sorteo del Oro de dita institución benéfica.

Contará con 23 equipos que farán un total de casi 300 nenos participando neste Torneo, segundo este luns puxeron de manifesto o concelleiro de Deportes, Fernando Varela, e o vicepresidente da Cruz Vermella, Diego Franco.
Trátase de fomentar o exercicio físico entre os máis xóvenes, ao tempo que participan nun acto solidario.

O Torneo terá formato de liguilla, comeza ás 9 da mañá e rematará en torno ás 9 da tarde.
A recadación destínase a proxectos da entidade na provincia. E para inscribirse é suficente con mercar un boleto de 5 euros para o Sorteo del Oro, o que xa dará dereito a participar, á comida e aos regalos.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA