Péchase este xoves o IV ciclo do Sen Batuta e anúnciase o V, baixo os principios de "calidade, excelencia e cercanía"
 
Como xa ocurríu en ocasións precedentes, o Sen Batuta deste ciclo despídese (este xoves co Cuarteto Quiroga) cun adianto do que será o V ciclo o ano que ven. Este mércores o deron a coñecer a concelleira de Cultura e o responsable deste ciclo de música de cámara estable e de calidade, Cibrán Sierra. Unha selección que manterá "os principios de calidade, excelencia e cercanía ao público que inspiraron Sen Batuta desde os seus comezos", se dixo neste adianto.
 
 
 
 
 
7 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

O Ciclo de Música de Cámara Sen Batuta despediráse este xoves, día  7,  cun  concerto do Cuarteto Quiroga, agrupación xa habitual deste evento que leva catro anos facendo de Ourense un  referente no panorama da música culta nacional e internacional.
E como tamén xa é clásico, ao clausurar unha nova edición a Concellaría de Cultura presentou este xoves a programación da que será a V edición do Sen Batuta. 
A concelleira de Cultura, Isabel Pérez e o coordinador artístico do ciclo, Cibrán Sierra, deron este mércores un adianto dos artistas que visitaran o Paraninfo do Otero Pedrayo no período 2012/2013, nunha selección que mantén "os principios de calidade, excelencia e cercanía ao público que inspiraron Sen Batuta desde os seus comezos".

A responsábel da Concellaría de Cultura, a edil do BNG, Isabel Pérez, falou de "unha aposta valente xa consolidada no tempo e no público, un ciclo que ten moito por diante pero que tamén comeza ter historia", en referencia as pasadas edicións, que permitiron ao público ourensán desfrutar de pezas de máis de 150 compositores.
A edición para 2012/2013  inclúe nove concertos a partir do mes de outubro e mantén o seu carácter actual e internacional "a pesar do actual contexto de continuos recortes e supresións", sinalou a primeira edil nacionalista do Concello de Ourense.
Neste sentido, Isabel Pérez defendeu a labor desenvolta desde a Concellaría de Cultura "por deseñar un ciclo de esquema sinxelo pero resolutivo e cun orzamento asumible e axustado que non afectará a calidade da oferta".
O investimento para esta nova tempada é de 48.500€.

O programa desta xa quinta  edición do Sen Batuta comprende nove concertos no período de outubro a xuño os primeiros xoves de mes. As entradas manteñen o seu prezo de anos anteriores, 6€, con desconto do 50% aos posuidores do carne Xove, estudantes e xubilidades, e totalmente de balde para os menores de 18 anos. Así mesmo, en tanto que se trata dunha tempada regular, poránse a venda abonos para todos os concertos.
A vontade da Concellaría de Cultura por continuar apostando polo Sen Batuta vese reforzada pola progresiva fidelización de público que se leva producido nestes anos: "son máis que habituais os concertos con cheo total, pero o máis gratificante é a incoporación da xente máis nova", sinalou a concelleira.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO