Expourense acolle dende este xoves as Xornadas Profesionais de Termalismo do Concello e Turismo de España
 

Este xoves comezan en Ourense as Xornadas Profesionais de Termalismo, que organizan o Concello e o Instituto de Turismo de España. Ata o de agora había un total de 176 persoas inscritas nestas xornadas, que, na súa maior parte, son profesionais do sector turístico e termal así como estudiantes universitarios.

 
 
 
 
7 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

Expourense acollerá entre este xoves, día 7 de xuño, e o venres, 8, as primeiras Xornadas Profesionais de Termalismo coa denominación "A cidade termal como modelo de desenvolvemento turístico, punto de encontro entre axentes empresariais e institucións".
As xornadas están organizadas polo Concello de Ourense e o Instituto de Turismo de España, no marco do convenio asinado por ambas institucións para o desenvolvemento do Plan Estratéxico Termal.
O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, participará na inauguración ás 10 da mañá, que suporá o inicio dunha sesión que se prolongará ata as oito e media da tarde.

Un total de 176 persoas, -na súa maior parte profesionais do sector turístico e termal e estudiantes universitarios-, están xa inscritas nas xornadas, que incluirán unha mesa de debate sobre termalismo e desenvolvemento local, os modelos de xestión termal, a comercialización e promoción do turismo termal, as oportunidades de internalización para as empresas relacionadas co sector termal, a arquitectura termal e sostibilidade e o marketing termal serán algúns dos contidos que se desenvolverán durante os dous días de duración das xornadas.

Presentadas o pasado día 30 de mayo, o concelleiro de Termalismo do Concello de Ourense, José Ángel Vázquez Barquero, sinalou entonces que "o proxecto de Ourense como cidade termal ten que ser un proxecto cooperativo, de institucións e de inversores privados". Baixo este prisma, tanto o Concello de Ourense como Expourense, organizadores de eventos como Termatalia relacionados directamente co termalismo, concebiron estas jornadas de traballo e de estricto carácter técnico.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Ante las Xornadas de Termalismo, Barquero advierte: el modelo de ciudad termal necesita de lo público y lo privado  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA