Ourense acolle estes 9 e 10 de xuño unhas xornadas internacionais de Tai Chi e WuShu no Pavillón dos Remedios
 
Os días 9 e 10 de xuño, Ourense acollerá unhas xornadas internacionais do Tai Chi e WuShu, xornadas que nesta edición inclúen unha masterclass impartida polo prestixioso mestre de Tachi Chi, Fu Sheng Yuan. Con 65 anos de experiencia nesta disciplina, os organizadores sinalaron que "é unha oportunidade única que non tería sido posibel sen o importante apoio do Consello Municipal de Deportes".
 
 
 
 
 
7 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Concellaría de Deportes, a través do Consello Municipal de Deportes colabora co Departamento Galego de Wushu na celebración, esta fin de semana, o XI Trofeo Internacional de Wushu Cidade de Ourense, que nesta edición inclúe unha masterclass impartida polo prestixioso mestre de Tai Chi Fu Sheng Yuan. 
O evento foi presentado este mércores no Pavillón dos Remedios, onde se desenvolverá os días 9 e 10, nunha rolda de prensa que contou coa presencia dos mestres de Tai Chi Fun Sheng Yan e Fu Qing Quan, e o director do Departamento Galego de Wushu José Gago. En representación do Consello Municipal de Deportes interviu o seu xerente, Manuel Rodríguez Mosquera, quen convidou a desfrutar "deste achegamento as artes marciais, que lles permitirá familiarizarse cunhas disciplinas deportivas moi completas que abranguen a preparación física, a defensa persoal e a concentración e relaxación".

O campionato desenvolveráse os días 9 e 10 de xuño nas instalacións do Pavillón Municipal de Os Remedios, e nel participarán equipos de Italia, Portugal, China e España que reunirán a máis de 300 deportistas.
Previamente, o venres día 8 a partir da 20.00 horas, terá lugar unha master class de Yang tai Chi aberta ao público en xeral que quiera coñecer de preto esta disciplina. 
Subliñouse que a sesión contará coa destaca presenza do Gran Mestre Fu Sheng Yuan, máximo expoñente mundial do Yang Tai Chi  e descendente directo do fundador do estilo. Segundo apuntaba o director do Departamento Galego de Wu Shu, José Gago, trátase "dun verdadeiro privilexio" contar coa presenza deste mestre en Ourense, un profesional con preto de 65 anos de experiencia na disciplina, "unha oportunidade única que non tería sido posibel sen o importante apoio do Consello Municipal de Deportes".

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO