Xabier Rodríguez Barrio gaña o "Cidade de Ourense" de poesía con Calado Testamento
 
Xavier Rodríguez Barrio, con Calado Testamento, é o gañador do XXVII Premio de Poesía "Cidade de Ourense". Fallado este martes, deuse a coñecer á última hora da tarde. O xurado destaca "a excelente construción rítmica dunha poesía que contén un fondo testemuño de carácter existencial", e destaca tamén a "alta calidade" das 48 obras presentadas a concurso.
 
 
 
 
6 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

Xavier Rodríguez Barrio, ca súa obra Calado Testamento, é o gañador da 27 edición do Premio de Poesía de Ourense, cuxo fallo se coñeceu a tarde deste martes. O Xurado que emitiu este fallo, destacou a "alta calidade" dos 48 exemplares presentados.

Sobre a obra gañadora o Xurado valorou especialmente "a excelente construción rítmica dunha poesía que contén un fondo testemuño de carácter existencial e que estabelece unha vía reflexiva de grande intensidade sobre o paso do tempo e a condición humana".
O Xurado estivo composto por Fernando de Castro Blanco, como representantes do Grémio Literário – Vilarense, Soedade do Muíño, profesora de lingua e literatura galega, Edelmiro Fernández Naval e Miguel A. Fernán Vello, como representantes da editorial Espiral Maior, e actuando como secretaria a técnica de Normalización Lingüística do Concello de Ourense, Mónica Fernández Valencia, sendo a Presidenta do Xurado a concelleira de Cultura, Isabel Pérez (sen voz nen voto).

Xavier Rodríguez Barrio naceu en Lugo no ano 1956. É poeta, narrador e ensaísta, recoñecido como unha das voces máis importantes da poesía galega contemporánea, na actualidade exerce como tradutor e coordinador do Gabinete de Normalización Lingüística da Deputación de Lugo. Foi finalista en dúas ocasións do Premio Nacional de Poesía (1990 e 1993), e gañador dos premios Galicia Universidade de Santiago, Celso Emilio Ferreiro e Premio da Crítica Española (1993), entre outros.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Xabier Rodríguez Barrio  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA