Deportes do Concello presenta para este verán unha oferta extra de casi 40 actividades en 20 modalidades distintas
 
Casi 40 actividades en 20 modalidades deportivas diferentes, compoñen a oferta da Concellería de Deportes do Concello de Ourense para este verán que abrangue os meses de xuño, xullo e agosto. E que ese martes presentou o concelleiro de Deportes, o nacionalista Fernando Varela.
 
 
 
 
 
6 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

Casi corenta actividades en máis de vinte modalidades deortivas diferentes que se extenden desde os primeiros días deste mes de xuño até o 25 de agosto, conforman a ofertas das extraordinarias de verán que presentou este martes o concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, o nacionalista Fernando Varela.
En todas estas actividades, segundo puxo de manifesto o propio Fernando Varela, toma parte directa esta concellería.

A nota predominante é o gran número de actividades que cubrirán unha oferta para tódolos públicos, sinalou Varela. Entre as máis destacadas están a Xira Galega de Karting, o Tai Chi en Oira, ou os campus deportivos de fútbol e hokei.
Tal e como afirmou Fernando Varela, "seguimos a apostar por achegar o deporte aos cidadáns, como dereito social que é, e que tamén contribúe a xerar actividade económica".

As actividades non se concentran exclusivamente na capital ourensá, senón que a concelleira as desenvolve na práctica totalidade das instalacións deportivas municipais, como son as de Santa Cruz de Arrbado, Santa Mariña, Velle, Mariñamansa e Oira.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  PROGRAMA DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS EXTRAORDINARIAS DA CONCELLERIA DE DEPORTES NO VERÁN DE 2012  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA