Emigración da Xunta ven de convocar a segunda edición do concurso de debuxo e pintura "Un mundo de cor"
 
A Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia ven de convocar unha nova edición, a segunda, do concurso de debuxo e pintura "Un mundo de cor". A finalidade da iniciativa é que o alumnado de Educación Primaria e de Secundaria Obrigatoria de tódolos centros escolares de Galicia (públicos, privados ou concertados) exprese a súa visión sobre a riqueza da diversidade sociocultural presente na sociedade galega.
 
 
 
 
30 de MAIO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ven de poñer en marcha a segunda edición do concurso de debuxo e pintura “Un mundo de cor”. A finalidade da iniciativa é que o alumnado de Educación Primaria, e de Secundaria Obrigatoria, de tódolos centros escolares de Galicia (públicos, privados ou concertados) exprese a súa visión sobre a riqueza da diversidade sociocultural presente na sociedade galega.
Na edición do pasado ano desta iniciativa pioneira, foron máis de trescentos os traballos presentados, que sorprenderon ao xurado pola súa variedade e calidade.

As institucións que promoven a acción pretenden con ela achegar a unha reflexión consciente do alumnado sobre a oportunidade e riqueza que supón esta variedade de orixes, etnias, idiomas e culturas, e previr actitudes de rexeitamento do diferente. Así, quérese que os traballos reflictan temas relacionados coa convivencia intercultural, así como os distintos costumes, usos, vestimenta, folclore, etc, das persoas procedentes doutros países e que viven canda nós.

Na carta remitida a tódolos centros polo subdirector xeral da Inmigración, Antonio Aguarón, e o de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Manuel Vila, subliñan que “os traballos presentados terán un só autor/a, e reflectirán temas relacionados coa integración da poboación inmigrante, a súa contribución ao desenvolvemento de Galicia ou a igualdade existente entre todas as persoas con independencia da súa orixe, raza ou nacionalidade”.

Ata o 30 de xuño

Os traballos poden presentarse realizados con calquera material, técnica e soporte, e en calquera tamaño, e deberán ser remitidos antes do 30 de xuño á sede da propia Secretaría Xeral da Emigración.

O concurso establece tres categorías diferenciadas: unha primeira para os tres primeiros cursos de Primaria, unha segunda para cuarto a sexto, e a última para estudantes da ESO. As bases completas do concurso poden consultarse e obterse na web da Secretaría Xeral da Emigración.

Nestas bases establécense tres categorías (1º, 2º e 3º de Primaria; 4º, 5º e 6º de Primaria; e alumnado de E.S.O.), e os premios correspondentes a cada unha delas.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Antonio Aguarón  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA