O Cultural da Deputación acolle desde este martes a exposición Gamma(25-100 Hz) do ourensán Juan Varela
 
Segundo o artista, a exposición está formada por "unha serie de obras inspiradas nos procesos e estruturas que se forman no noso cerebro", especialmente na relación e interacción deste co resto do corpo. Trátase da exposición Gamma(25-100 Hz) do ourensán Juan Varela, que se ubica no Cultural desta cidade.
 
 
 
 
16 de MAIO de 2012: OURENSE DIXITAL

O ourensán Juan Varela inaugurou ese martes no Centro Cultural da Deputación de Ourense a mostra Gamma (25-100 Hz), onde o artista combina fotografía, escultura e instalacións no seu proxecto creativo. 
Segundo o artista, a exposición está formada por "unha serie de obras inspiradas nos procesos e estruturas que se forman no noso cerebro", especialmente na relación e interacción deste co resto do corpo, dando lugar a fenómenos fundamentais para a existencia, como son os estados de consciencia ou a creación de sentimentos.

A través de diferentes medios, como a escultura, fotografía ou instalación, preséntase un percorrido no que o espectador poderá interactuar coas obras de diversas maneiras, tanto visual como corporalmente. 
As ondas Gamma no cerebro rexístranse a unha frecuencia aproximada de entre 25 e 100 Hertzs, concentrándose principalmente nas zonas do córtex somatosensorial; crese que representan a unión entre diferentes poboacións de neuronas co propósito de portar funcións cognitivas e motoras.
Esta sincronía temporal entre grupos de neuronas parece ser a base dos estados de consciencia.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA