O Municipal ofrece unha ollada nostálxica do ensino en Ourense con Naqueles Vellos Pupitres
 
O Municipal da rúa Lepanto acolle dende xa a exposición fotográfica do Arquivo Visual Ourensán Naqueles Vellos Pupitres, unha ampla colección de imaxes cedida por algunhas das principais entidades educativas da cidade, que se completa coa recreación dun aula da época cos seus pupitres (procedentes do Seminario) e un encerado. Poderá visitarse até o vindeiro 4 de marzo.
 
 
 
 
 
10 de FEBREIRO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Concellaría de Cultura colabora de novo co Arquivo Visual Ourensán na posta en marcha dunha exposición fotográfica  sobre a  historia da educación e os centros de ensino da cidade desde  o século XIX até os nosos días. 
Unha ampla colección de imaxes cedida por algunhas das principais entidades educativas da cidade compoñen esta mostra   que se completa coa recreación dun aula da época cos seus pupitres (procedentes do Seminario) e encerado. Naqueles Vellos Pupitres, presentada este xoves, queda instalada no Museo Municipal da rúa Lepanto,  e poderá visitarse até o vindeiro 4 de marzo.

A Tenente Alcalde e Concelleira de Cultura, Isabel Pérez, foi a encargada de presentar a nova colección encompaña do presidente do Arquivo Visual Ourensán, Rafael Salgado. A dirixente nacionalista declarou sentirse “encantada de volver ás aulas, trasladadas agora a este museo de todos os ourensáns” e fixo fincapé no importante que para Ourense é “estar orgullosos do que somos e fumos, facer memoria e afondar na nosa identidade e autoestima, tan necesaria para facer cidade”. Neste senso, agradeceu  ao responsábel do Avo todo o traballo realizado a favor “da nosa memoria e nosa historia”.

Pola súa banda, o presidente do Avo, Rafael Salgado, destacou a importancia da exposición  para visibilizar “que aínda queda moito traballo por facer no Arquivo, documentando os diferentes eidos da nosa historia”. Respecto da exposició, Salgado agradeceu expresamente a colaboración dos diferentes centros de ensino que cederon imaxes e “de xeito especial ao IES Otero Pedrayo por tres auténticas xoais que son os lenzos de Xesús Soria”. Naqueles vellos pupitres convida ao público a identificar os diferentes persoaxes históricos que aparecen retratados nas instantáneas, asi como a repasar as orlas das diferentes promocións “nas que mesmo poderá identificarse alguén”.

O Arquivo Visual Ourensán conta a día de hoxe con preto de 40.000 imaxes que “van crecendo día a día” e con pezas que se remontan aos primeiros pasos da fotografía, a finais do século XIX (1886).
No blog ourensenotempo.blogspot e ba web canedo pódese afondar máis no traballo do Arquivo Visual Ourensán.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 10, JUEVES
 
El PP se encuentra a 15 candidatos para completar las cabezas de lista de todos los concellos de la provincia
77 candidatos designados: 12 nuevos y 15 concellos todavía pendientes de cabeza de lista
Rodríguez piensa presentar este jueves la candidatura del PSOE a la Comisión Provincial de Listas del partido
El BNG recuerda que el Centro de Saúde de Barbadás sigue en un bajo que antes fue un almacén de patatas
El BNG pide al Concello de San Cibrao que corrija los vertidos de la red de saneamiento de Rante y Currás