O Concello de Ourense celebra este domingo o Día dos Humedais con unha visita aos ríos da cidade
 
Con saída na Aula da Natureza de Oira, este domingo o Concello de Ourense invita á cidadanía a unha andaina polos ríos da cidade para celebrar o Día dos Humedais. A actividade está dirixida a persoas de tódalas idades, e terá unha duración dunhas tres horas. Recoméndase levar roupa de abrigo.
 
 
 
 
4 de FEBREIRO de 2012: OURENSE DIXITAL

Co gallo da celebración do Día Internacional dos Humidais, o Concello de Ourense organiza unha saída guiada polas ribeiras dos ríos ao seu paso pola cidade, que terá lugar este domingo, día 5 de febreiro, ás catro da tarde. A expedición sairá dende a Aula Municipal da Natureza do río Miño, en Oira.
Esta actividade, aberta a tódalas persoas que desexen participar, está organizada polas Concellerías de Educación do Concello de Ourense coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente, Amigos da terra e o naturalista Alberto Rivero Saeta, que fará de guía da expedición.

Os participantes rematarán andaina no río Barbaña, á altura da horta educativa municipal, pasando polos ríos Miño, Loña e Barbaña, facendo fincapé nos diferentes estadios de conservación da vexetación e da fauna de ribeira no contexto local.
A actividade está dirixida a persoas de tódalas idades, e terá unha duración dunhas tres horas. Recoméndase levar roupa de abrigo, calzado axeitado, auga, un paraugas e calquera elemento que se considere preciso en previsión, sobre todo, das baixas temperaturas destes días.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA