O Concello de Vilar de Santos a piques de pechar o Ciclo Integral da Auga co remate da nova EDAR
 
O Concello de Vilar de Santos está a piques de pechar o Ciclo Integral da Auga. O Concello que dirixe o nacionalista Jardón Pedras prepárase para recepcionar a última obra deste Ciclo, a EDAR, cuxos traballos veñen de rematar. Esta Estación Depuradora engádese a ETAP, a Estación de Tratamento de Auga Potable, que funciona xa dende 2010
 
 
 
 
 
4 de FEBREIRO de 2012: OURENSE DIXITAL

O Concello de Vilar de Santos anuncia que recepcionará nos próximos días a Nova Estación Depuradora de Augas Residuais, EDAR, logo do remate das obras que levou a cabo a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil Os traballos supuxeron un investimento global de 578.244 euros.

O proxecto contemplou as actuacións necesarias para a construción de 2 eixos de colectores de conexión á rede xeral de saneamento de Vilar de Santos, un primeiro ramal de 755 metros e outro de 577 metros subdividido á sua vez noutros tres de xeito que se logra unificar os vertidos, así como a construcción da nova Estación Depuradora que é "de tipo compacto por aeración prolongada".
Esta nova EDAR, que se sitúa nunha parcela municipal de 3.454 metros cadrados, cubre un horizonte poboacional de 1.000 veciños.

O súmase a outras actuacións e investimentos realizados nos últimos anos polo Concello, que alcanzan un total de 2 millóns de euros no sistema de Abastecemento e Saneamento municipal. O Concello de Vilar de Santos lembra que desde o ano 2010 está totalmente operativa outra obra "fundamental" moi avanzada tecnolóxicamente, unha Estación de Tratamento de Auga Potable, ETAP, que supuxo un investimento de 552.000 euros, e que garante a auga e a súa máxima calidade nos núcleos do concello.

Co remate das obras o Concello de Vilar de Santos consegue a mellora e modernización do Sistema de Abastecemento e Saneamento á totalidade dos veciños pechando o Ciclo Integral da Auga, asumindo a xestión desde a captación, o transporte, a potabilización e distribución, así como a recollida e depuración.
O obxectivo primordial é cumprir as condicións da Directiva Marco Comunitaria e contribuir decididamente á mellora da calidade de vida dos veciños e á sostibilidade do medio coa conservación e preservación da calidade da auga para o futuro.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Dieron comienzo los trabajos para construir la nueva Estación Depuradora de Vilar de Santos  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 4, VIERNES
 
El Concello de Ourense presupuesta 103,9 millones de euros para 2011, 3,5 millones menos que el pasado año
Los populares de Calvos de Randín retiran la moción de censura y evitan la expulsión del Partido Popular
El CHOU reubicará en Piñor a los enfermos de Toén porque la decisión “é firme”, dice Núñez Masid
Un recién nacido comparte una habitación de la Materno Infantil con una anciana recién operada
El BNG advierte de que la incineradora en Xinzo pondría en peligro la agricultura de toda A Limia