Isabel Pérez fixo este xoves no Xantar un adianto de intencións do Concello para este Entroido
 
No marco do Xantar, este xoves a concelleira de Turismo e Cultura do Concello de Ourense fixo un adianto do que será o Entroido na cidade para as súas datas máis fortes. Volve a querer ser a capital a lanzadeira desta celebración tan arrigada na provincia, na confianza, sinalu Isabel Pérez, de que as reservas hoteleiras sobrepasen o 80% acadado o pasado ano. As propostas do Concello recollen ofertas de hoteis, restaurantes e instalacións termais
 
 
 
 
 
3 de FEBREIRO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Turismo do Concello de Ourense vén de presentar este xoves, no marco de Xantar, a campaña O entroido pasa por Ourense para a promoción turística da cidade. O lema, tal e como explicaba a Concelleira de Turismo, Isabel Pérez, está orientado a facer de Ourense a lanzadeira aos diferentes entroidos da provincia, xa que, como explicou a concelleira "Ourense está situada no centro dese triángulo máxico que conforman Laza, Xinzo e Verín e debe aproveitarse da súa situación estratéxica, por capacidade hoteleira e de servizos, difundindo tamén a nosa festa, que é envidiable".                      .

Tal e como explicou Isabel Pérez, durante a presentación “notamos que a aposta por estas iniciativas recolle froitos, xa que este ano acadamos máis participación que nunca, con 6 hoteis, 18 restaurantes con menús especiais do Entroido ao que se suma a oferta das nosas instalacións termais. Así como a do balneario Laias-Caldaria que lanza unha oferta xove (18-35 anos) cun paquete de aloxamento + almorzo +circuito termal por tan só 45€ por  persona e noite. 
Nesta liña amosou a súa confianza en que nesta edición “manteñamos ou mesmo superemos as cifras do ano pasado, nun Entroido que se saldou cun 80% de ocupación hoteleira”.

Os folletos promocionais, dos que se editarán e distribuirán máis de 5.000 exemplares, recollen ofertas de noites de hotel en 6 establecementos da cidade e provincia de diversas categorías, propostas de menús especiais “cunha oferta variada e a prezos competitivos, unha proposta completa e atractiva”.
No tocante ás vías de promoción da campaña,  os esforzos concentraránse nas cidades galegas de Santiago e Vigo, onde os días 9 e 10 de febreiro faráse promoción na rúa, con reparto de folletos promocionais e orellas de Entroido.
Así mesmo, instalaránse valados informativos nas principais entradas da cidade, desde a provincia, Pontevedra e Norte de Portugal.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 3, JUEVES
 
Trabajadores y Concello de Toén de acuerdo en que el Hospital Psiquiátrico “non é irrecuperable”
José Manuel Andrade intenta de nuevo este jueves ser alcalde de Calvos de Randín para los próximos 3 meses
El socialista Ignacio Gómez alerta de que “o PP está mandando globos sonda sobre a incineradora”
El PSOE ya advierte con movilizaciones en A Limia si va adelante la macro depuradora en Xinzo
Blanco tendrá que explicar en el Senado más incumplimientos de los plazos fijados por él mismo