O PP proponlle ao Concello de Ourense que se adhira á Rede de Dinamización Lingüistica de Galicia
 
O Partido Popular pedirá nunha moción no pleno de febreiro deste venres do Concello de Ourense, que o Concello tramite a súa adhesión á Rede de Dinamización Lingüistica de Galicia. Entenden os de Rosendo Fernández que, con esto, o Concello mellorará a dinamización social e lingüistica da administración local
 
 
 
 
1 de FEBREIRO de 2012: OURENSE DIXITAL

O Grupo Municipal do Partido Popular de Ourense solicitará no pleno deste venres, mediante unha moción, que o Concello tramite a súa adhesión á Rede de Dinamización Lingüística de Galicia, co obxecto de levar a cabo, entre outras, as finalidades que definen o seu funcionamento.
Entenden os de Rosendo Fernández que con esta adhesión, a Administración Local ourensá poderá optimizar e aproveitar os recursos existentes, evitar duplicidade de tarefas e accións, aumentar a presencia social das accións de dinamización lingüística, ampliar o coñecemento e adaptación á realidade social de Galicia, mellorar a eficacia e eficiencia dos servizos prestados nesta materia á cidadanía e contar cunha programación ampla e compartida de actuacións de dinamización social.

A concelleira popular Belén Iglesias lembra que "o Goberno e as administracións locais de Galicia comparten un compromiso e un deber de promoción da lingua galega emanados da Constitución española, do Estatuto de Autonomía e da Lei de Normalización Lingüística".
E sinala que mesmo o Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade polo Parlamento galego en 2004, "recolle aquel compromiso e propón establecer un amplo proceso de coordinación entre as administracións autonómica e local na promoción social do galego".

En consonancia con isto, o 21 de setembro de 2010, a través da publicación no Diario Oficial de Galicia da orde do 14 de setembro, o Grupo Municipal do PP no Concello de Ourense recorda que "a Xunta de Galicia puxo en marcha un proxecto pioneiro de coordinación, de colaboración e de cooperación das actuacións en materia de dinamización lingüística dirixido a aumentar a efectividade das diferentes accións dinamizadoras desde o ámbito municipal: A Rede de Dinamización Lingüística".

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Belén Iglesias  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA