Presentada unha nova edición dos "Encontros Literarios" do Liceo co apoio da Deputación e o Campus
 
Este luns foron presentados na Deputación de Ourense os "Encontros Literarios" que acadan este ano 22 de continuada celebración. E que, segundo o presidente en funcións, Rosendo Fernández, son proba do "apoio inequívoco que sempre prestou esta institución ao eido cultural". O programa deste ano comezará o día 1 de febreiro, ás 20.15 horas, na aula de Cultura do Liceo.
 
 
 
 
 
31 de XANEIRO de 2012: OURENSE DIXITAL

"22 anos de literatura ao máis alto nivel", entenden os responsabeis da Deputación de Ourense que constitúen os "Encontros literarios" presentados este luns no Pazo Provincial polo presidente en funcións da institución provincial, Rosendo Fernández, a a vicerreitora do Campus de Ourense, María Lameiras, e o xerente do Liceo, José Luís Troitiña.
Destacouse que eses 22 anos cinciden tamén cos que levaba José Luis Baltar ao frente da institución provincial antes de dimitir o venres pasado.

"Esta é unha boa proba do apoio inequívoco que sempre prestou esta institución ao eido cultural, porque apoiar o universo da cultura é un dos obxectivos prioritarios do goberno provincial, sinalou o presidente en funcións, Rosendo Fernández.
Pola súa banda, María Lameiras dixo que a continuidade dos Encontros son unha mostra de que a nosa sociedade "está viva e ten sentido crítico, e sen lugar a dúbidas, a Universidade de Vigo seguirá apoiando esta actividade porque é unha fonte de riqueza e progreso".

José Luís Troitiña agradeceu á Deputación de Ourense e á Universidade de Vigo o seu apoio, a través da Cátedra Carlos Casares, "para que os Encontros sigan a ser o referente literario de Ourense", e neste ano que se cumpre o 10º do pasamento de Carlos Casares, explicou que a temática dos Encontros analiza o conto, como soporte narrativo para contar historias. "Carlos Casares era un especialista no relato breve, un xénero que condensa unha grande forza narrativa, algo que Casares era capaz de explotar coma ninguén", dixo o presidente do Liceo.

O programa deste ano comezará o día 1 de febreiro, ás 20.15 horas, na aula de Cultura do Liceo, coa conferencia do escritor José María Merino Sánchez, que falará sobre “El cuento como forma de conocimiento”. O día 2 de febreiro, á mesma hora, ofrecerá a súa conferencia a catedrática de Lingua e Literatura galegas Camiño Noia, que disertará sobre “Do contar da oralidade ás narracións breves de Casares”. E finalmente, o día 3 de febreiro, terá lugar a última conferencia, a cargo do escritor Antón Riveiro Coello, que abordará o tema: “Contando a HISTORIA. As invencións de Clío”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 31, LUNES
 
Aquilino Valencia se zafa otra vez de la justicia, y el pleno de la moción de Calvos no se celebra este lunes
El PSOE pide, de nuevo, la dimisión de Elisa Nogueira por otro vertido contaminante al río Barbaña
El PP pierde otro alcalde, Julio Temes, y encabeza la lista de Nogueira de Ramuín con el número 2
La Caza del Zorro cambió raposos por periodistas en el punto de mira de los cazadores
La Deputación defiende el modelo de incinerar los residuos y la incineradora que proyecta la Xunta