A pianista invidente Carolina Fernández dará un concerto este sábado no Principal desta cidade
 
Deputación de Ourense e ONCE auspician un concerto este sábado no Principal desta cidade, da pianista pontevedresa Carolina Fernández. Carolina Fernández  perdeu á vista aos 12 anos, e conseguiu grazas ao seu afán de superación converterse nunha destacada pianista. Rosendo Fernández loubou o esforzo destas persoas, e ratificou o apoio da institución provincial a estas persoas e a proxectos como os da ONCE
 
 
 
 
 
27 de XANEIRO de 2012: OURENSE DIXITAL

A pianista pontevedresa Carolina Fernández Loureiro, ofrecerá este sábado, 28 de xaneiro, ás 20.30 horas, un concerto no Teatro Principal de Ourense, patrocinado pola Deputación provincial de Ourense e coa colaboración da ONCE.
No acto de presentación do concerto que tivo lugar este xoves na Deputación de Ourense, o vicepresidente da institución provincial, Rosendo Fernández, sinalou que
unha das prioridades da institución provincial son as políticas sociais, "e entre elas, o apoio á integración das persoas con discapacidade, que, como Carolina Fernández, demóstrannos día a día que o tesón e a forza de vontade son quen de rachar con calquera barreira que poida ter o ser humano para facer realidade os seus desexos".

Pola súa banda, Carolina Fernández dixo sentirse "moi ilusionada" con este concerto, "pois é a primeira vez que actúo en Galicia, e iso, unido ao feito de que é a miña terra, fai que o concerto do sábado sexa moi especial".
A artista, que agradeceu o apoio da Deputación de Ourense, como patrocinadora do concerto, e de José Mayo como coordinador do mesmo, definiu a súa música como unha fusión de estilos, que van desde o new age ata a música indi e mesmo oriental, "mestura que para este concerto tamén conta con raíces de música galega".

Carolina Fernández (Vilagarcía de Arousa, 1972) perdeu á vista aos 12 anos, e conseguiu grazas ao seu afán de superación converterse nunha destacada pianista, que ten cultivado os máis variados estilos musicais, que van dende a música clásica pasando polo folk, pop, rock, jazz ou a música latina.
Na actualidade, Carolina Fernández é profesora de piano, armonía, solfeo, canto e coro, e realiza una media de trinta concertos anuais en diversos lugares de España.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 27, JUEVES
 
Cesado Elier Ojea, aunque él dice que el cambio lo pidió él, y la oposición que los Baltar pasan factura
Los trabajadores de Limpeza de Ourense cobran este jueves de la Caja de Resistencia de la USO
El nuevo edificio de la Guardia Civil de Tráfico de Verín entrará en servicio en las próximas semanas
ADEGA pide a la Xunta actuaciones serias de rehabilitación y limpieza de A Ponte Vella de Ourense
Moisés Blanco traslada a Feijóo la necesidad de que ni una sola empresa emigre de O Barco