Os espazos culturais do Concello de Ourense siguen a incrementar o interese dos asistentes
 
En 2011, o Auditorio Municipal de Ourense contabilizou casi o dobre de persoas que asistiron a algún acto ou actividade neste espazo das que o fixeron no 2007: 85.975 fronte a 45.227. Tamén as actividades foron moitas máis: 288 agora por 116 en 2007. "É un éxito o incremento de público nestes anos", sinalou Isabel Pérez, quen insistiu en que "a cultura é un investimento necesario que tamén contribúe a dinamizar a nosa economía"
 
 
 
 
 
27 de XANEIRO de 2012: OURENSE DIXITAL

"A cultura é un investimento necesario que tamén contribúe a dinamizar a nosa economía", volveu a decir este xoves a concelleira de Cultura e Turismo, Isabel Pérez, ao explicar os datos de asistencia aos espazos expositivos pertencentes á Concellería de Cultural, xunto coa presentación do programación do Auditorio Municipal para este primeiro semestre de 2012.

A concelleira nacionalista destacou o aumento xeneralizado de público ao Auditorio Municipal, o Museo Municipal e ao Espazo Expositivo Arturo Baltar.
Cabe destacar que as persoas que asistiron no 2011 ao Auditorio Municipal son case o dobre que no ano 2007 (45.227 fronte a 85.975).
Esta cifra vese acompañada dun importante aumento das actividades levadas a cabo (288 no ano 2011 fronte a 116 no ano 2007).
Tal e como destacou Isabel Pérez, "é un éxito o incremento de público nestes anos" e "quero mostrar o meu agradecemento a todas as persoas que fan posible que esto se poda levar a cabo".

Outros datos a destacar son as 14.500 visitas totais que tivo o Espazo Expositivo de Arturo Baltar e as 17.864 do Museo Municipal.
A concelleira tamén presentou a programación do Auditorio Municipal para este semestre, facendo especial fincapé na aposta pola programación infantil que tanto éxito está tendo entre os máis pequenos.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 27, JUEVES
 
Cesado Elier Ojea, aunque él dice que el cambio lo pidió él, y la oposición que los Baltar pasan factura
Los trabajadores de Limpeza de Ourense cobran este jueves de la Caja de Resistencia de la USO
El nuevo edificio de la Guardia Civil de Tráfico de Verín entrará en servicio en las próximas semanas
ADEGA pide a la Xunta actuaciones serias de rehabilitación y limpieza de A Ponte Vella de Ourense
Moisés Blanco traslada a Feijóo la necesidad de que ni una sola empresa emigre de O Barco