A delegación da Xunta di que o peche do Montealegre é temporal, e que non se sabe que usos se lle dará
 
O peche do Centro de Menores de Montealegre de Ourense "é un peche temporal", sinalou este xoves o delegado Territorial da Xunta nesta provincia. Débe a necesidade de acometer unha serie de obras, o que conleva o traslado dos rapaces á Carballeira. Onde se van a reubicar en condicións óptimas, segundo Rogelio Martínez. “Todo funcionario deste centro ten garantido o seu posto de traballo", asegurou o delegado, que sinalou tamén que as obras no Montealegre durarán, como mínimo, 8 meses
 
 
 
 
27 de XANEIRO de 2012: OURENSE DIXITAL
O delegado da Xunta en Ourense aclarou en relación ao peche do Centro de Menores de Montealegre que "se trata dun peche temporal por unhas obras necesarias, o que obviamente obriga a que se trasladen aos usuarios a outro centro por motivos obvios de seguridade".
Segundo Rogelio Martínez, este novo centro está máis acorde co tipo de rapaces dos que se trata, xa que non contan con medidas xudiciais.

O centro de A Carballeira a onde van ir os rapaces do Montealegre (con titularidade pública e con persoal propio), permite reubicar a todos os menores e que se manteñan no seu contorno. Na actualidade, A Carballeira ten capacidade para absorber persoal e usuarios procedentes do centro de Montealegre.
De feito, Montealegre tiña unha capacidade máxima de 24 usuarios (aínda que a día de hoxe ten 17 usuarios), mentres que A Carballeira oferta un total de 26 prazas libres para dar cobertura a estes usuarios (polo que, logo do traslado dos usuarios, aínda así habería prazas libres).

Martínez tamén asegurou que durante este tempo de reforma, mínimo de oito meses, estudaranse as necesidades das prazas de menores e, en consecuencia con este estudo, decidirase a tipoloxía de centro de atención social.

“É a nosa obriga estudar os usos máis necesarios para este centro e faremos esta análise rigorosa, polo que adiantar calquera cousa é precipitado. E igualmente que é precipitado adiantar os usos sen ter a análise pormenorizada, tampouco podemos falar da xestión”, dixo.
O delegado Territorial destacou ademais que “todo funcionario deste centro ten garantido o seu posto de traballo, e os profesionais reubicaranse ben no propio centro da Carballeira ou noutros centros”.

Concluidas as obras da Escola Infantil Antela con 200.000 euros de orzamento

Acompañado polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, Jose Selas, Rogelio Martínez percorreu, esta xoves as instalacións reformadas da escola infantil de Antela. As obras comezaron en agosto do pasado ano e este luns os nenos e os seus coidadores que tiveron que ser trasladados ás escolas infantís e A Farixa e Covadonga xa están gozando destas novas instalacións.
O goberno galego dice que investiu ao redor de 200 mil euros. As actuacións consistiron basicamente en cambios nos aseos, na creación de novas zonas de hixiene, remodelación na aula de berces, así como outro tipo de traballos como reparación de pingueiras, pintado, cambio de mobiliario... etc.

Segundo o Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez “o obxectivo foi levar a cabo unha reorganización xeral das aulas para adaptalas á nova normativa, o que incluíu a pavimentación ou carpintería”. Unhas obras, asegurou que “repostan o compromiso do goberno galego cos máis pequenos que deben recibir un coidado extraordinario nas mellores condicións posibles”, sinalou.
A escola infantil conta cunha capacidade para 114 nenos, divididos por grupos de idade: tres unidades para nenos de 0 e 1 anos con 20 prazas; tres unidades para 1 e 2 anos con 40 prazas; e tres unidades para nenos de 2 e 3 anos, con 54 prazas.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Los socialistas preguntan a la Xunta qué va a pasar con el Centro de Menores de Montealegre, aunque sospechan que "se vai desmantelar"  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 27, JUEVES
 
Cesado Elier Ojea, aunque él dice que el cambio lo pidió él, y la oposición que los Baltar pasan factura
Los trabajadores de Limpeza de Ourense cobran este jueves de la Caja de Resistencia de la USO
El nuevo edificio de la Guardia Civil de Tráfico de Verín entrará en servicio en las próximas semanas
ADEGA pide a la Xunta actuaciones serias de rehabilitación y limpieza de A Ponte Vella de Ourense
Moisés Blanco traslada a Feijóo la necesidad de que ni una sola empresa emigre de O Barco