O Concello de Ourense fomenta o aleitamento natural co novo Manual da Lactancia Materna
 
A Concellería de Saúde de Concello de Ourense presaentou este mércores o novo manual de lactancia materna par as mulleres xestantes, as familias e o persoal sanitario. Ao facelo, a concelleira Marga Martín sinalou que durante o ano pasado máis de 400 usuarias acudirón ao Punto de Atención á Lactancia Materna e 150 mulleres fixeron uso do servicio de préstamos de material de lactancia
 
 
 
 
 
19 de XANEIRO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Saúde do Concello de Ourense vén de presentar este mércores o novo manual de lactancia materna con información oportuna e actualizada sobre lactancia, destinado ás mulleres xestantes, ás familias e ó persoal sanitario. A Concellería de Saúde a través da Escola municipal de Saúde desenvolve 3 programas (Programa de Saúde Materno- Infantil, Programa de Asesoramento Nutricional e Programa Paseo pola Saúde) dos cales fixo balance a concelleira de Saúde, Marga Martín, acompañada pola coordinadora do Programa de Saúde Materno Infantil, Yolanda Colmenero.

O programa de Saúde Materno Infantil propón ó longo de todo o ano actividades destinadas ás embarazadas e ás familias, a través dos obradoiros de maternaxe coma ioga, pilates, actividades acuáticas, lactancia ou masaxe infantil. A Concellería pon á disposición da poboación xeral formación sanitaria a través de distintas actividades (xornadas de saúde, campañas de sensibilización e conmemoración de días mundiais). Anualmente celébrase a Semana Mundial da Lactancia Materna que inclúe o xa consolidado Circuito de gateo, que no 2011 celebrou a súa IV edición , e o 3º concurso fotográfico de Lactancia 2011.

O Punto de Atención á Lactancia Materna, situado na rúa Concordia, nº 20, que ofrece un servicio gratuíto de información sobre aspectos relacionados coa lactancia materna dando atención persoal ou telefónica ás consultas e dúbidas relacionadas coa lactancia atendeu a máis de 400 usuarias.
O Punto de Atención ampliou os seus servicios de biblioteca para acoller a máis de 150 usuarias no 2011 e cuxo servicio de préstamos de material de lactancia contou neste ano con 90 empréstitos entre os que destacan os de extractores eléctricos e os relactadores. As destinatarias principais foron as xestantes e as familias con bebés.

O obradoiro “Lactancia materna e crianza natural” está destinado ás embarazadas e ás familias e emprega unha dinámica participativa con charlas-coloquio, visionado de documentación e posta en común de experiencias das nais asistentes.  
Nestes obradoiros 250 mulleres aprenderon  durante este ano as habilidades ou técnicas necesarias para resolver dúbidas, evitar complicacións e acadar unha lactancia materna exitosa. 

A Semana Mundial da Lactancia Materna puxo este ano o énfase na sensibilización da poboación sobre a importancia de normalizar a lactancia materna en lugares públicos, cunha campaña de concienciación á que se adheriron case 500 empresarios que identificaron os seus establecementos cun adhesivo co lema “Esta é a miña sala de lactancia”. A esta inicitaiva tamén se sumaron 3 liñas de autobuses da cidade para amosar visualmente ós cidadáns que o aleitamento natural é a mellor opción e realizalo nun lugar público é algo natural.

No III Concurso de Fotografía de Lactancia materna, participaron 50 autores con 100 fotografías, sendo o gañador da mellor fotografía, Jose Luis Morales Martín, e o premio ó autor local recaeu en Natalia G. Devesa. As fotografías gañadoras estiveron expostas na rúa do Paseo no mes de outubro, co que se pretendeu dar a visibilización necesaria á lactación materna e a promoción da lactancia natural para facer fronte a enorme publicidade das empresas de leites artificiais.

O programa de Asesoramento Nutricional revisou e redeseñou as planificacións dos menús para os comedores dos centros escolares da cidade e o asesoramento dietético para aqueles que requiran un consello alimentario especial debido ás características específicas dos usuarios do servicio coma menús especiais para diabéticos, celíacos ou persoas con hipercolesterolemia.

Pola súa banda, a Feira da Saúde conmemorou o día mundial da Saúde, o 7 de abril, cunha exposición nos Xardíns de Bispo Cesáreo (Alameda do Concello) na que estiveron presentes as entidades relacionadas coa promoción da Saúde de Ourense e na que se celebraron obradoiros, rexistros sanitarios de IMC, glucemias ou tensión arterial, asesoramento médico, contacontos con linguaxe de signos, xogos e actividades infantís, sala de lactancia ou adopción de animais, entre outras actividades. A Feira completouse coa instalación dun Colon xigante na mesma Alameda, con visitas guiadas pola celebración do Día Mundial do Cancro de Colon. E medicións sanitarias gratuítas nas farmacias da cidade.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 19, MIÉRCOLES
 
Baltar y Martínez aseguran que la incineradora que proyecta la Xunta “nunca” se instalará en O Ribeiro
La CHM-S pone en marcha los ojos de la cuenca del Miño-Sil, el Centro de Control que se ubica en Ourense
Blanco anuncia para antes de fin de mes la reunión del protocolo de integración del AVE en la ciudad
El Contencioso-Administrativo suspende cautelarmente el decreto de las megafonías del alcalde de Verín
El CHOU vuelve a adolecer de pediatras y la socialista Carmen Acuña pregunta por la situación