As Azores, o convidado especial do Xantar 2012 que se celebrará do 1 ao 5 do vindeiro febreiro
 
Xa se sabe quen será o convidado de honra do Xantar 2012 que se celebrará a primeiros de febreiro na Expourense. Este ano tócalle ao arquipélago portugués de Azores, segundo se comunicou este luns. Deste xeito, as Azores participarán en todas as accións previstas para esta edición de Xantar promocionando a súa gastronomía, turismo, artesanía e produtos agroalimentarios
 
 
 
 
 
3 de XANEIRO de 2012: OURENSE DIXITAL

O arquipélago portugués de Azores, representado polas Cámaras de Comercio e Industria das illas a través da de Horta, será o convidado especial de Xantar 2012, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que celebrará a súa 13ª edición en Expourense entre o 1 e o 5 de febreiro. Así o deu a coñecer este luns a organización desta nova edición do certame gastronómico.
As Azores participarán en todas as accións previstas para esta edición de Xantar promocionando a súa gastronomía, turismo, artesanía e produtos agroalimentarios.

Esta acción reforza as sinerxias derivadas da última misión empresarial promovida por Expourense e pola Cámara de Comercio de Horta na que participaron diversas empresas galegas relacionadas co sector agroalimentario e da pesca e vencelladas a Xantar", sinalan os responsables de Expourense, organizador deste Salón da Gastronomía.
Esta visita ó arquipélago supuxo o inicio dos contactos entre o sector produtivo galego e azoriano e a participación en Xantar permitirá reforzar estas relacións.

As Azores terán a súa propia área de restauración na feira na que se poderán degustar dous menús diferentes que porán en valor os seus produtos primarios baseados nunha agricultura, gandería e pesca sostibles, enmarcados ademais na Dieta Atlántica e no que destacan as súas carnes, peixes, lácteos, froitas e viños. 
Estes menús inclúen produtos maís senlleiros das distintas localidades do arquipélago como é o caso do queixo de San Jorge, o flan de té de Porto Formoso (a única plantación de té de Europa) ou os viños da Ilha do Pico.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 3, LUNES
 
El autobús urbano de Ourense se sitúa al frente de las subidas de los servicios municipales en 2011
Cuatro horas y media de 2011 tardó en nacer en el CHOU la primera ourensana del nuevo año
Ourense despidió año y entró en 2011 con una noche sorprendentemente tranquila, según la Policía Local
El Concello de Ourense aprobará el viernes la nueva Ordenanza de las Actuaciones Comunicadas
San Rosendo presupuesta 43 millones de euros para 2011 con el 95% de recursos propios