O artista Leandro Sánchez mete ao Municipal en obras ata o vindeiro 5 de febreiro
 
Dende este 15 de decembro e ata o 5 de febreiro, o Museo Municipal da rúa Lepanto está en obras. Aínda que só é o título da exposición do mallorquín afincado en Ourense, Leandro Sánchez. Museo en Obrasé a transformación do espazo central do Museo Municipal a través de nove escenas hiperrealistas que recrean rincóns e situacións practicamente reais
 
 
 
 
 
16 de DECEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

As instalacións do Museo Municipal de Ourense atópanse estes días en obras, logo de que o artista Leandro Sánchez veña de tranformalas nun Museo en Obras. Desde este xoves, nove esceas hiperrealistas ocupan as paredes da sala baixa do Museo creando novos espazos de increíble realismo.
Trátase dunha proposta artística concebida específicamente polo autor para este museo e que se completa cunha colección das súas obras máis recentes e outros traballos ubicados na Sala II (pranta superior).

A presentación da nova proposta do Museo Municipal, Museo en obras, tivo lugar este xoves nas instalacións da rúa Lepanto nun acto presidido pola Tenente Alcalde e Concelleira de Cultura, Isabel Pérez, e no que se contou coa presenza do propio artista.
Durante a presentación, a edil de Cultura destacou a inmensa “sorpresa” que supón ver este espazo tan familar completamente transformado, e destacou o xenio artístico e o traballo de Leandro Sánchez “mallorquín, pero afincando en Ourense”.

Pérez recalcou a aposta da Concellaría de Cultura por  “coidar ao máximo” a programación cultural destas datas na cidade, “no que os veciñoss e veciña teñen máis tempo para desfrutar do que a cidade lles ofrece”.
Pola súa banda, o propio Leandro Sánchez quixo agradecer o apoio e interesado amosado pola Concellaría e o Museo durante a preparación do proxecto, "case dous anos e medio de xestión e estudo de campo que agora dan os seus
froitos", sinalou.

Museo en Obrasé a transformación do espazo central do Museo Municipal a través de nove escenas hiperrealistas que recrean rincóns e situacións practicamente reais.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 16, JUEVES
 
El presidente de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil confirma que todo el Ourense Termal “está en zona inundable”
Hasta 1.400 actuaciones contempla el Plan Hidrológico de la cuenca del Miño-Sil que sale a pública exposición
La Xunta varía la protección del edificio del Banco de España, lo que permite licitar las obras
El PSOE imputa al PP irregularidades en el padrón de habitantes de Xinzo de Limia que huelen a “pucherazo”
El BNG advierte al Gobierno y al nuevo alcalde de que crece el malestar vecinal en Xinzo de Limia