A Fundación Vicente Risco edita e ponlle subtítulos en galego a película Pa negre
 
Pa Negre, o filme do cineasta mallorquín Agustín Vilaronga baseado na novela homónima de Emili Teixidor e gañador de 9 premio Goya en 2010, poderá visionarse por primeira vez na súa lingua orixinal con subtítulos en galego. A estrea, que terá lugar o día 20 ás 21.00 horas no Auditorio Municipal, será posibel grazas ao labor da Fundación Vicente Risco, quen, en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, vén de publicar, por primeira vez, a edición galega do libro xunto co dvd da cinta subtitulada
 
 
 
 
 
15 de DECEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Na presentación da estrea, a edil de Cultura, Isabel Pérez, fixo fincapé na “dimensión colectiva” deste proxecto, no que están implicados ao redor de 70 empresas, institucións e particulares que fixeron achegas para a súa financiación.
Pérez expresou o seu desexo de que a iniciativa “non quede nun feito puntual” e sexa pola contra “o inicio dunha estreita colaboración para o futuro”.

Pola súa banda, o secretario da Fundación Vicente Risco, Luis Martínez-Risco, quixo amosar o seu agradecemento á productora, que cedeu os dereitos do filme de xeito desinteresado para a súa doblaxe, e ao propio Emili Teixidor “polas facilidades amosadas ao longo de todo o proxecto”.
Anunciou que a publicación estará dispoñible a partir do día 22 para a súa venta.
A tirada inicial será de 1.500 exemplares a un prezo de 25€, que inclúen tanto a novela, con traducción directa do catalán ao galego realizada por Eduard del Castillo, como o dvd cos subtítulos, desenvoltos pola equipa do OUFF.
Os beneficios da súa venda destinaránse a amortizar os 20.000€ de investimento achegados “grazas a un proceso de financiación colectiva persoa por persoa”.

Con este proxecto, a Fundación Vicente Risco pon ao día o que foi proxecto central dos intelectuais da Xeración Nós, a internacionalización da lingua e cultura galegas. O obxectivo é por en contacto a nosa cultura con outras sen necesidade de mediación do castelán. Propoñén así apoioar e fornecer as traduccións directas ao galego en diversas publicacións, que a Fundación irá desenvolvendo no tempo e que, desta volta, iníciase con Pa Negre.
Un traballo co que a Fundación principia un proxecto pola continuidade á labor da Xeración Nós: internacionalizar o idioma e cultura galegas, sinalouse este mércores na presentación do evento cultural.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 15, MIÉRCOLES
 
El Padroado de Turismo “é un organismo absolutamente morto”, dice el BNG, que pide su deparición
El BNG advierte de que Personal de la Deputación se acercará mucho en 2011 a la mitad de los 73 millones ...
Carballido Presas cierra la lista del BNG por Ourense de las Municipales de 2011, ya completada
Unións Agrarias denuncia “chapuzas administrativas” en el proceso expropiatorio del AVE en Ourense
Un juzgado de lo Social reprende actitudes del jefe Territorial de Traballo de la Xunta en Ourense