A Deputación de Ourense completou a publicación da obra do Mestre Vide con "Zarzuelas"
 
Coa presentación este xoves de "Zarzuelas", a Deputación de Ourense completa a publicación da obra do Mestre Vide que comezou no ano 2003. A compilación, revisión editorial e estudos sobre o Mestre Vide foi realizada polo musicólogo Javier Jurado, e a presentación tivo lugar este martes coa asistencia dos filos do Mestre Vide
 
 
 
 
 
14 de DECEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL
A Deputación de Ourense presentou este martes a obra “Zarzuelas”, último volume que completa a obra do Mestre Vide, da cal a institución provincial iniciou a súa publicación no ano 2003. A compilación, revisión editorial e estudos sobre a obra do Mestre Vide foi realizada polo musicólogo Javier Jurado, quen presentou a obra xunto á responsable de Publicacións da Deputación, Ana Malingre, e dos fillos do Mestre Vide.

Javier Jurado dixo que o libro recolle un estudo pormenorizado da zarzuela galega e da obra de Vide, “cuxo traballo contribuíu a darlle un pulo importante a este xénero musical, coidando no só a música senón tamén os libretos e a posta en escena de cada obra”, explicou o autor.
Jurado sostén que este “non é só un libro para músicos, senón que vai tamén dirixido a historiadores, filólogos e entusiastas da historia da música, porque nel analízanse aspectos históricos, filolóxicos e sociais dunha ampla etapa da historia de Ourense, que abrangue os anos 1928 ata 1959”.

Nestes días que se cumpren 30 anos do pasamento do Mestre Vide, o seu fillo Moncho agradeceu á Deputación de Ourense “que tivese a ben publicar toda a obra completa do meu pai”, e animou á institución provincial a seguir apoiando a cultura musical “para que o legado dos nosos grandes compositores poida seguir estando vivo para todos”.

Pola súa banda, Ana Malingre dixo que a Deputación de Ourense non tivo dúbidas á hora de aceptar o proxecto de Javier Jurado sobre o Mestre Vide “porque a música é unha parte moi importante da nosa cultura e en Ourense ten unha gran tradición”. Ana Malingre agradeceu aos fillos do compositor a súa colaboración “por poñer desde o primeiro momento a disposición de Javier Jurado todas as partituras musicais do Mestre Vide”, e engadiu que se, como dicía o autor, Ourense tiña unha débeda co Mestre Vide, “hoxe, coa presentación do derradeiro volume desta colección, parte desta débeda queda saldada”.

Segundo explica Javier Jurado no libro, as circunstancias sociais, culturais e políticas que se deron na década dos anos vinte do século pasado fixeron que a zarzuela en Galicia desenvolvera unha serie de características diferenciadas no que atinxe á produción, á participación dos coros galegos, ao emprego do idioma e mesmo á posta en escena e á utilización de instrumentos musicais típicos galegos. Todo elo confírelle ás zarzuelas galega de Vide unhas peculiaridades que non ten este xénero cantado en castelán.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 14, MARTES
 
El Plan Hidrológico de la Cuenca del Miño-Sil está listo para salir el miércoles a información pública, confirmó Liñares
Liñares recomienda campañas explicativas adecuadas antes de empezar a cobrar por el agua a todos
Se cae en octubre la bonanza inmobiliaria de septiembre en la compra-venta de vivienda en Ourense
El recorte presupuestario de 2011 deja al Padroado de Turismo de Ourense sin buena parte de su esencia
Firmado en Madrid el Plan “Portas de Galicia” para 12 concellos de la provincia de Ourense