O Concello instalará en Ourense sinais acústicas nos bolardos para evitar os accidentes
 
O Concello de Ourense instalará un novo sistema de avisos acústicos dos bolardos da cidade. Os bolardos incorporarán unha sinal sonora que se activará antes de empezar a subir o mecanismo, de xeito que poida previr aos condutores e se eviten os non poucos incidentes que se producen nas rúas que están dotadas deste mecanismo. A Xunta de Goberno deste venres tamén aprobou a xestión integral de Outariz e a Burga de Canedo
 
 
 
 
 
10 de DECEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres o expediente de contratación para a subministración e instalación dun sistema óptico-acústico nos bolardos dos accesos ó casco antigo de Ourense.
Por unha banda, o sistema actual será implementado cun avisador acústico, que incorporará unha sinal sonora que se activaría antes do inicio da subida da pilona e se mantería ata o peche da mesma, así coma un programador horario para interrumpir a sinal en horas nocturnas.
Por outra banda, incorporarase un avisador luminoso que substituiría á actual banda reflectante por unha coroa de ópticas Led de cor vermella, que se activaría durante o funcionamento da pilona. Deste xeito, complementaría ó avisador acústico durante o día, e reforzaría a seguridade nas horas nocturnas.

O novo sistema será instalado na totalidade de bolardos de acceso ó casco vello da cidade, en 15 zonas: rúa Santo Domingo-Parque de San Lázaro, rúa Santo Domingo-rúa Concordia (2), rúa Alejandro Outeiriño, rúa Doutor Marañón, rúa Desengano, rúa Vilar (3), rúa Padre Feijóo, rúa Xulio Prieto, rúa Pena Corneira, San Francisco, Praza San Cosme e Cruz Vermella (rúa Díaz de la Banda)

Mediante o reforzo do sistema, que incrementará ostensiblemente a súa visibilidade, preténdese incrementar a seguridade tanto peonil coma dos vehículos, así como diminuír posibles riscos de accidente.

Xestión integral de Outariz e Burga de Canedo para ASPANAS Termal

Na mesma sesión, a Xunta de Goberno do Concello de Ourense aprobou este venres a contratación do control, mantemento e explotación da área termal de Outariz e Burga de Canedo. Como queira que só se presentou unha oferta a este concurso, ASPANAS TERMAL, S.L.U será a empresa encargada da xestión integral, destas instalacións.
O Concello sinala que ese concurso ten por obxectivo ofrecer un servizo público que contribúa a facilitar e mellorar o acceso dos veciños do municipio así coma ós visitantes ás instalacións termais, garantindo o mantemento das instalacións en condicións óptimas de uso, conservación e limpeza.

Ata o de agora, a xestión dos espazos termais na zona de Outariz e Burgas de Canedo, con dúas zonas de baño de uso público e gratuíto, adoptaba diversos xeitos de contratación para levar a cabo o mantemento da zona e as instalacións. Mediante a contratación, para ofrecer ós usuarios mellores condicións o servizo de xestión integral inclúe: o servizo de vixilancia, control e información da área termal, o mantemento, limpeza e desinfección das instalacións, equipamento e mobiliario da área termal, a prestación de primeiros auxilios e contacto con servizos de emerxencias, o mantemento das zonas verdes, mobiliario e viais, así como a explotación de bar e kiosko terraza.

A zona termal de Outariz e Burgas de Canedo sitúase na marxe dereita do Miño, no lugar de Outariz, e ocupa unha superficie aproximada de 6.000 m2, delimitada polo río Miño, o paseo peonil e o talude da autovía. Conta con dous accesos: un dende o paseo e outro dende a pasarela que comunica coa marxe esquerda do Miño.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 10, VIERNES
 
La Deputación de Ourense fija en 73 millones de euros los Presupuestos de 2011, un 14% menos que los de 2010
Rosendo Fernández acusa al Concello de Ourense de ser “cabalo de Troya” de Fomento en la integración...
Otro intento nulo del alcalde de Rairiz de Veiga por despedir a una trabajadora, que hace el cuarto ...
El Concello sigue al rescate de los comedores escolares ante el vacío que le sigue haciendo la Xunta
Las altas en el “Ourense Wifi” van a un ritmo superior al de otras ciudades españolas