Emigración da Xunta facilita aos galegos no Brasil a Tarxeta Galicia Saúde Exterior
 
"Este é o momento oportuno para formalizar estes convenios", sinala o secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, en pleno proceso de firma con catro asociacións de emigrantes galegos en Brasil de convenios de colaboración para que os descendentes de galegos neste país poidan tramitar a tarxeta sanitaria nas súas estadías en Galicia. O acordo España-Brasil atópase suspendido
 
 
 
 
9 de DECEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, asina cos responsables de catro asociacións de emigrantes galegos en Brasil sendos convenios de colaboración polos que os descendentes de galegos residentes neste país americano poderán tramitar nas sedes destes colectivos a tarxeta Galicia Saúde Exterior, que lles garante a asistencia sanitaria durante as súas estancias en Galicia. "Con estas sinaturas, se amplía a Brasil o compromiso da Xunta de Galicia de igualar os dereitos en materia de asistencia sanitaria dos galegos residentes no exterior cos dos residentes na Galicia territorial", sinala o departamento de Santiago Camba.

Camba destaca que "este é o momento oportuno para formalizar estes convenios, xa que o acordo de Seguridade Social subscrito entre os gobernos de España e Brasil se atopa suspendido".
E engade que "para a realización destes trámites desde Brasil, é necesario contar con persoal que desde as propias agrupacións de emigrantes realicen os labores de información e control da documentación, para a súa remisión mediante vía telemática á xerencia de atención primaria do Servizo Galego de Saúde que corresponda".

Estes convenios supoñen a extensión a Brasil dun dereito ao que xa teñen acceso os descendentes de galegos residentes en Arxentina, Uruguai, México e Venezuela. “Desde o Goberno da Xunta de Galicia seguiremos implementando tantas medidas en materia de programas sociais e asistenciais como sexa posible no actual escenario de crise económica no que nos atopamos", sinala o secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Santiago Camba  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA