Máis de 60 actividades culturais, de lecer e deportivas na Megaxove que comeza este luns na Expourense
 
A Megaxove pecha a partires deste luns o calendario feiral da Expourense. Todo o recinto é para os 46 expositores entre federacións e clubes deportivos que se dan cita nesta XII edición do último certame feiral. Máis de 700 atletas está previsto que participen no Cross do xoves 8 de decembro. Entre outras novidades, este ano terá lugar o primeiro Campionato Galego de Snooker
 
 
 
 
 
5 de DECEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Expourense remata a partires deste luns o calendario feiral do 2011 coa celebración da 12ª edición de Megaxove, Salón da Xuventude, que dende o 5 ata o 8 de decembro, ofrecerá máis de 60 actividades de lecer e deportivas que converterán a Expourense no punto de encontro da mocidade galega durante a ponte festiva e onde miles de rapaces e rapazas participarán de forma activa.
Nunha superficie de 8.000 metros cadrados daranse cita 46 expositores entre federacións e clubes deportivos, asociacións culturais e xuvenís de toda Galicia. Expositores e entidades colaboradoras con Megaxove elaboraron un completo programa de campionatos, exhibicións, torneos e obradoiros cuxo obxectivo non é só a diversión, senón o fomento de valores como o compañeirismo, a solidariedade cos máis desfavorecidos, o traballo en equipo, a tolerancia, a igualdade ou ó respecto ó Medio Ambiente.

Entre as novidades do programa de actividades de Megaxove 2011 destaca a celebración do primeiro Campionato Galego de Snooker organizado polo Clube de Billar Ourense en colaboración coa Federación Galega de Billar, no que participarán 16 xogadores de toda Galicia que deberán acudir a esta cita debidamente uniformados.
Outras das novidades serán os obradoiros de cultura urbá (graffiti, breakdance e rap), o de automodelismo por radio control ou de cómo converterse nun Dj profesional.
Tampouco faltarán nesta edición os obradoiros solidarios como o denominado “Función de maxia en Haití” organizado por Cruz Vermella ou a exposición sobre “Educación, Deporte e Valores” da Secretaría Xeral para o Deporte. Pola súa parte, a Concellería de Xuventude de Ourense colaborará co obradoiro de iniciación ó Slot (unha especia de scalextric), do que tamén se organizará un torneo.

O deporte volverá ser un dos grandes protagonistas do salón que continuará promocionando as disciplinas minoritarias para contribuír á difusión de alternativas menos coñecidas como poden ser o remo indoor, a esgrima antiga, a patinaxe en liña, o judo, a halterofilia ou o tiro con arco. Megaxove é o lugar elixido por numerosas asociacións e federacións deportivas para dar a coñecer estes deportes realizando exhibicións e desputando torneos. Ademais das probas deportivas, tamén se fomentará a participación activa do público a través de xogos ou clases de iniciación. A estes deportes hai que engadir o futbol-sala (tanto masculino coma feminino), o minibasket e o xadrez, dos que tamén se desputarán torneos.

Seguindo a liña de anos anteriores celebrarase o xoves 8 de decembro unha nova edición, a duodécima xa, do Cross Megaxove. Trátase da actividade máis consolidada deste salón chegando a reunir nas últimas edicións a máis de 700 atletas de todas as idades e categorías, dende cativos ata veteráns.
Megaxove, de entrada gratuíta, permanecerá aberto en Expourense os catro días de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 4, SÁBADO
 
Mucho debate y poco acuerdo en el pleno de diciembre del Concello de Ourense marcado por las mociones
El PP de Barbadás traba una moción del BNG pidiendo más dinero de la Xunta para el Instituto
A Secretaria Xeral de Emigración da Xunta pasa a facerse cargo da Fundación Galicia Emigración
El PSOE vuelve a reclamar al alcalde de Maceda el Presupuesto de 2010 y el Plan de Austeridade
Este viernes se enciende el Alumbrado de Navidad de Ourense