A Deputación publica "Fontes ornamentais de Ourense" de Juan Andrés Hervella
 
A Deputación de Ourense vén de presentar "Fontes ornamentais de Ourense", un libro de Juan Andrés Hervella que fai un percorrido pola historia da cidade de Ourense “a pé de rúa”, a través das 32 fontes que ten a capital ourensá, relatando a súa historia, anécdotas e datos dos mestres canteiros que nos seus días as construíron
 
 
 
 
 
2 de DECEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Deputación de Ourense presentou este xoves a publicación “Fontes ornamentais de Ourense”, escrito por Juan Andrés Hervella Vázquez. A obra fai un percorrido pola historia da cidade de Ourense “a pé de rúa”, a través das 32 fontes que ten a capital ourensá, relatando a súa historia, anécdotas e datos dos mestres canteiros que crearon estas obras de arte urbano.
Na presentación do libro participou o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, quen agradeceu a Juan Andrés Hervella o traballo investigador realizado “porque este tipo de estudos é moi necesario para que non se perda parte da nosa historia e tamén para achegar aos cidadáns un enfoque diferente do que foi a vida de Ourense desde o século XVI ata hoxe”.
Pola súa banda, o autor explicou que “estas pequenas obras que embelecen os noso parques, prazas e rúas merecen ter o seu recoñecemento, tanto pola utilidade que tiveron e teñen para a cidadanía como pola beleza que supón poder contemplalas mentres damos un paseo”.

Do libro faise unha edición de 500 exemplares, que se distribuirán en librerías e nas bibliotecas da provincia, segundo explicou a directora de Publicacións da Deputación de Ourense, Ana Malingre. A obra é froito dunha compilación de artigos publicados por Juan Andrés Hervella no xornal La Región entre os anos 1992 e 2010, e acompañados de debuxos das fontes, feitos polo propio autor. Estes artigos, asomados no seu día coa inevitable frugalidade da prensa escrita, son descoñecidos para moita parte da cidadanía ourensá e por iso agora a Deputación de Ourense fai esta compilación nunha publicación.

Entre as fontes máis antigas que se citan no libro figura a Fonte do Rei (do século XVI), ademais das máis coñecidas, como as fontes termais das Burgas, e as fontes da Praza do Ferro, do Trigo, dos Remedios e a Alameda. Tendo como fío condutor a todas elas, Hervella percorre a historia da cidade e nos convida a botar unha ollada artística a uns monumentos, as fontes, dos que afirma que a cidade de Ourense “está ben dotada, aínda que necesitan por parte de todos máis coidado e mantemento”.
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 2, JUEVES
 
Dimite Poly Novoa como presidente del PP de Ourense-capital, justo a los 3 años de ser elegido para el cargo
Ourense listo para firmar el protocolo del AVE, “se poder ser mañá mellor que pasado”, dice el alcalde
Juárez dice a los veterinarios que es lógico que la Xunta, “como calquera empresa” ajuste el personal ...
El PSOE insiste en que Feijóo castiga a A Limia porque los populares son "da corda dos Baltar"
Califican de perjudicial para Ourense la nueva Lei de Comercio de la Xunta