Éxito do II Festival de Coros de Música Popular celebrado en Xinzo de Limia
 
Con abarrote de público en tarde otoñal, Xinzo de Limia acolleu este sábado o II Festival de Coros de Música Popular. Participaron Coral de Ruada, o Coro Quatro Ventos da veciña Ponte da Lima e os organizadores, o Coro Aimil de Xinzo. O certame foi un éxito tanto de público como de aplausos dos asistentes
 
 
 
 
 
28 de NOVEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Xinzo de Limia acolleu esta fin de semana o II Festival de Coros de Música Popular, certame que tivo lugar na Igrexa Nova que rexistrou aborrote de público.
Cada un dos tres grupos que participaron neste certame coral interpretou cinco ou seis pezas do seu repertorio.
A primeira actuación foi da coral polifónica Coral de Ruada, que dirixida por Xose Antón Vazquez Casas. Interpretou entre outras “Cantiga de Gustei” para terminar co “Alalá de Arnoia”.
A sua actuación foi seguida por todo o público con un inusitado silencio soio roto polos aplausos do respetable.

A continuación subiu ao Altar Maior da Igrexa de Xinzo o grupo portugués Quatro Ventos dirixido por Gaspar Lima, que, entre outras pezas, interpretou  unha canción titulada “Rio Lima” que fixo que o público asistente casi perderá a compostura cando encheu de aplausos enfervorizados o recinto.
Para rematar a tarde desfilaron polo pasillo central da Igrexa o grupo representante de Xinzo e organizador do evento, o Coro Aimil dirixido por Fernando Dopico Blanco, que ainda sendo nado en Ferrol xa se considera un veciño mais da vila pola sua traxectoria na mesma.
Dende a Foliada de Nostián ata “Camariñas”, que foi a última canción interpretada pola coral polifónica,  sucederonse pezas coma a “Pandeirada de Nebra”, que foi acompañada por tres mozas pandereteiras que fixo que os aplausos dos asistentes arreciaran. 

Finalizada a sua actuación o director da coral limiana solicitou que os outros dous grupos subirán o altar maior para xuntos ofrecer unha canción conxunta que fixo desbordar outra vez en aplausos a todo público asistente.
Entre o que se atopaban tamén o Veriador de Cultura do Concello de Ponte de Limia, Doutor Frainklin Sousa, así como a nosa parlamentaria Yolanda Lugilde.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Coral de Ruada  
   
  Quatro Ventos  
   
  Coro Aimil  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA