A Xunta Electoral Central ratifica a legalidade do reparto de axudas asistenciais en Cuba
 
Non hai vulneración da Ley Electoral no reparto de axudas asistencias en Cuba pola Xunta de Galicia a través da Secretaría de Emigración. Así o ven de fallar a Xunta Electoral Central, que desestima o recurso interposto polo PSdeG contra a Xunta Electoral Provincial que xa sentenciaba o mesmo. Emigración da Xunta recorda que "desde o primeiro momento se defendeu a legalidade e transparencia da iniciativa"
 
 
 
 
23 de NOVEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Xunta Electoral Central desestimou o recurso interposto polo PSdeG contra o acordo da Xunta Electoral Provincial, de data 14 de novembro, en relación coa entrega por parte da Xunta de Galicia de cheques asistenciais a emigrantes en Cuba. Deste xeito, a Xunta Electoral Central confirma o acordo da Xunta Electoral Provincial da Coruña que desestimaba a reclamación efectuada polo PSdeG.

Na súa resposta, a Xunta Electoral Central sinala que non cabe apreciar vulneración do artigo 50 da LOREG na medida en que quedou acreditado que o programa de axudas obxecto de recurso foi convocado en decembro de 2010 e foi executado por entidades bancarias sen presenza nin do secretario xeral da Emigración nin de persoas dependentes da Xunta de Galicia.

Así mesmo recolle que, segundo indica e precisa o informe da Xunta Electoral Provincial, o programa de axudas vén realizándose ininterrompidamente desde 1990, e o plan de datas e lugares foi establecido o 30 de xuño de 2011. Segundo recolle a resolución da Xunta Electoral Central “non tería sido posible a suspensión das entregas de axudas asistenciais sen grave quebranto para as persoas receptoras, dadas as necesidades imperiosas que etas padecen”.

Desde a Secretaría Xeral da Emigración valórase moi positivamente a rápida resposta dos órganos electorais, e lémbrase que desde o primeiro momento se defendeu a legalidade e transparencia da iniciativa, por canto os prazos e sistema de reparto das axudas se estableceron con moita anterioridade á convocatoria das eleccións, se fixeron en datas similares ás de anos anteriores, e polo mesmo persoal que o fixo en distintas lexislaturas e gobernos, segundo consta no informe levado pola Secretaría á Xunta Electoral.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Santiago Camba, Secretario Xeral de Emigración  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA