O secretario xeral do Partido Carlista de Galicia doa a súa biblioteca á Deputación de Ourense
 
Os que de seguro son os mellores fondos do Carlismo que hai en Ourense tenos en depósito a Deputación de Ourense, e son os da biblioteca particular do histórico do Carlismo galego Manuel Rego Nieto. Rego Nieto, fixo entrega este martes de ditos fondos ao presidente da Deputación, seguro de que así "vaise garantir o mantemento desta biblioteca", garantiulle José Luis Baltar
 
 
 
 
 
23 de NOVEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O investigador ourensán e estudoso do Carlismo, Manuel Rego Nieto, fixo entrega este martes á Deputación de Ourense dos fondos da súa biblioteca particular sobre o Carlismo, integrada por 459 libros e documentos dun gran valor histórico para coñecer a evolución deste movemento político tanto en España como en Galicia e, en particular, en Ourense.

O acto da doazón tivo lugar no Salón de Plenos da institución provincial coa presenza do presidente da Deputación José Luis Baltar, quen agradeceu “o xesto desinteresado e a gran achega que para os estudosos vai supoñer esta biblioteca de Manuel Rego”, engadindo que desta maneira “vaise garantir o mantemento desta biblioteca para que todos aqueles que estean interesados en afondar na historia do Carlismo o poidan facer, tendo á súa disposición na Deputación de Ourense estes documentos que con enorme xenerosidade nos doa Manuel Rego a todos”.

Pola súa banda, Manuel Rego dixo que ao longo da súa vida defendeu “contra vento e marea” os ideais do Carlismo, “o que me custou moitas detencións e algún calabozo, pero pagou a pena pola defensa da democracia naqueles tempos tan difíciles”. Rego define ao Carlismo como “unha ilusión, non só unha ideoloxía”, partido no que milita e do que chegou a ser candidato ao Senado por Ourense no ano 1979.

Actualmente Rego é secretario xeral do Partido Carlista de Galicia e forma parte do Consello Federal Carlista. Ao longo da súa traxectoria profesional, Manuel Rego estivo sempre vencellado profesionalmente ao mundo da cultura en Ourense, ocupando diferentes cargos de responsabilidade no Concello e na Deputación, e foi tamén presidente da Coral de Ruada.  

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 23, MARTES
 
Los veterinarios de la Xunta van a la huelga indefinida ante una medida que dicen que cerrará explotaciones
El cierre de los centros comarcales plantea muchas dudas a los trabajadores sin puesto de trabajo fijo
Fernández y Baltar llegan ahora al portavoz del PP en el Senado para defender, dicen, los grandes temas...
El PSdeG acusa al Gobierno de Toén de haber perdido cuatro años tras conocer los Presupuestos de 2011
El BNG plantea que la Deputación de Ourense inste a la Xunta a actuar en materia de violencia de género