O Concello de Ourense completou a renovación das 4 UNIs da cidade coa apertura da do Campus

 
Entrou en servizo este martes a UNI, Unidade de Intervención Social, ubicada no barrio de As Lagoas. É a que estaba até o de agora na rúa Arcedianos do Casco Vello da cidade. O Concello destaca que con esta intervención complétase a renovación das 4 UNIs da cidade: a da rúa Colón, a do Couto e a do barrio da Ponte, ás que agora se suma esta cuarta.
 
 
 
 
 
23 de NOVEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Os veciños dos barrios de As Lagoas, Avenida de Bos Aires, A Rabaza, A Loña, Oira, Velle e Ceboliño, así como parte do centro da cidade, dispoñen dende este martes dunha nova Unidade de Intervención Social, UNI, á súa disposición. O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, e a concelleira de Saúde e Benestar Social, Marga Martín, xunto con outros membros da corporación, inauguraron na mañá deste martes as instalacións, situadas no número 11 da rúa Bernando González Cachamuíña, na zona do Campus Universitario.

Con esta intervención, o Concello de Ourense di reforzar os equipamentos de Benestar Social da cidade, dando servizo ós veciños residentes na zona centro e este de Ourense, cunha poboación potencial de 31.912 habitantes, que a converten na de maior volume de potenciais usuarios das 4 unidades que existen na cidade.
As obras no local, que foi adquirido polo Concello por 354.000 euros, foron realizadas pola empresa Actividades, Construcciones y Voladuras, e supuxeron un investimento de 176.823 euros.

A UNIS que se inaugurou este martes atopábase até o de agora no Casco Vello, na rúa Arcedianos. O Concello di que o traslado "facilitará unha mellor ubicación, máis céntrica para o conxunto dos seus usuarios, procedentes de diferentes barrios e localidades, ademáis de instalacións máis axeitadas e modernas que permitan potenciar este servizo".
O local conta con 252 m2 de superficie construída, e 231 de superficie útil, e dispón de dous accesos independentes, dende as rúas González Cachamuíña e Telleira.
Con esta intervención completarase a renovación total das 4 UNIS da cidade, realizada nos últimos tres anos polo Concello. En outubro de 2009, a UNIS do Casco Vello, ubicada en Bispo Carrascosa, trasladouse ó Centro Cívico da rúa Colón que naquelas datas entrara en servizo. A do barrio do Couto dispón dende abril de 2010 dunha nova sé na rúa Francisco de Moure (Praza do Couto), e a do barrio da Ponte atópase no edificio do Centro Cívico construído polo Concello neste barrio, na rúa Eulogio Gómez Franqueira.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 23, MARTES
 
Los veterinarios de la Xunta van a la huelga indefinida ante una medida que dicen que cerrará explotaciones
El cierre de los centros comarcales plantea muchas dudas a los trabajadores sin puesto de trabajo fijo
Fernández y Baltar llegan ahora al portavoz del PP en el Senado para defender, dicen, los grandes temas...
El PSdeG acusa al Gobierno de Toén de haber perdido cuatro años tras conocer los Presupuestos de 2011
El BNG plantea que la Deputación de Ourense inste a la Xunta a actuar en materia de violencia de género