Oficial e pública a clasificación escolar da XXXV Carreira Popular do San Martiño
 
Revisados os resultados da XXXV Carreira Popular do San Martiño, o Consello Municipal de Deportes anuncia que todo está en orde para a entrega de premios aos colexios. Santa Teresa-Carmelitas na categoría de escolares de Primaria, e Padre Feijóo-Zorelle en Secundaria e Bacharelato, son os primerios clasificados en cada unha das dúas categorías
 
 
 
 
22 de NOVEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Unha vez celebrada a XXXV Carreira Popular do San Martiño, e comprobados os participantes da carreira escolar, O Consello Municipal de Deportes informa que todo está disposto para a entrega de premios aos colexios gañadores.
O CMD corrobora, xa de xeito oficial agora, que a clasificación por colexios quedou da seguinte forma, encabezada por Santa Teresa-Carmelitas na categoría de escolares de Primaria, e polo Padre Feijóo-Zorelle entre os de Secundaria e Bacharelato.

Clasificación Primaria


Colexio

Puntos

Premio

Santa Teresa-Carmelitas

157

300 €

CEIP Mestre Vide

119

250 €

María Auxiliadora-Salesianos

115

200 €

CEIP Prácticas

101

150 €

Colexio Luis Vives

60

120 €

Maristas

47

100 €

Clasificación Secundaria e Bacharelato


Colexio

Puntos

Premio

Padre Feijóo-Zorelle

139

300 €

IES As Lagoas

136

250 €

Divina Pastora-Carmelitas

132

200 €

María Auxiliadora-Salesianos

112

150 €

IES O Couto

102

120 €

IES Blanco Amor

99

100 €

Tamén informa o Conselleo Municipal de Deportes de que os colexios que conseguiron  que mais de 25 alumnos chegasen a línea de meta, teñen un premio á participación de 120 euros. Estes colexios foron Santa Teresa, María Auxiliadora, Padre Feijóo, Divina Pastora, As Lagoas, O Couto, Mestre Vide, Blanco Amor, Prácticas, Luis Vives, San José, Santo Angel, Maristas, Divino Maestro, Concepción Arenal, La Purísima, Guillelme Brown, Vistahermosa, Antonio Failde, A Ponte.

Todos estes colexios poden pasar polas oficinas do Consello Municipal de Deportes a recoller o correspondente vale que poden cambiar por material deportivo en calquera tenda de deportes da capital.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA