Adxudicada a construcción do novo vial entre Nosa Señora da Saínza e Os Ponxos
 
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adxudicou en 247.000 euros un novo vial na marxe esquerda do río Barbaña que comunicará a ponte executada nas proximidades da glorieta de Nosa Señora da Saínza coa ponte entre Manuel Murguía e a rúa dos Ponxos. Ademais, o Concello contratará unha auditoría externa do Servizo de Limpieza e Recollida de Residuos que deberá avaliar a súa calidade e achegar propostas de mellora
 
 
 
 
 
18 de NOVEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno Local incluíu este xoves na súa relación de asuntos a aprobación da ordenación decrecente das ofertas presentadas para a contratación das obras de conexión do AR-22-O coa glorieta API-A3 do PXOM de Ourense, en base ós informes técnicos.
Trátase das obras do primeiro tramo do futuro vial na marxe esquerda do río Barbaña, que comunicará a ponte executada nas proximidades da glorieta de Nosa Señora da Saínza coa ponte entre Manuel Murguía e a rúa dos Ponxos.

A mellor das 25 ofertas presentadas correspóndelle a Extraco Construccións e Proxectos S.A., nunha obra que abrangue unha superficie total de actuación de 2.817 m2, e que contempla a infraestructura viaria, as instalacións de abastecemento de auga, o rego de xardín, saneamento, drenaxe, iluminación pública e telecomunicacións.
Sinala o Concello de Ourense que este é o primeiro e o único tramo que se pode executar na actualidade, que servirá para completar as obras de urbanización aprobadas do solo de A Farixa (Eroski) e coa glorieta de Carrefour.
O orzamento de licitación é de 247.512 euros, e o prazo de execución de 3 meses.

Auditoría externa do Servizo de Limpeza da cidade

Por outra banda, a mesma sesión da Xunta de Goberno aprobou o expediente de contratación da elaboración dunha auditoría do Servizo de Limpeza Pública Urbana, Transporte e recollida de residuos sólidos urbanos do Concello de Ourense.

A auditoría será contratada polo Concello e, de acordo co previsto no pliego do concurso, o custo, estimado en casi 51.000 euros, será sufragado íntegramente pola empresa concesionaria do servizo, Ecourense UTE, que deberá depositar a cantidade de adxudicación nunha conta titulariedade do Concello.

Esta auditoría terá unha dobre finalidade: por unha parte analizar o grao de cumprimento que fai a empresa do servizo que lle foi aduxicado no seu dia; por outra, aportar propostas coas que se entenda que se pode mellorar o servizo.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad