Máis de 40 establecementos de Ourense na cuarta edición de Sabores de Outono que comenza o vindeiro luns
 
Chega unha nova edición, a cuarta, de Sabores de Outono, que organiza a Concellería de Turismo do Concello de Ourenese en colaboración coa UHO, a Unión de Hosteleiro de Ourense. Vai do 21 deste mes ata o 4 de decembro, e este ano participan neste novo Sabores de Outono máis de 40 establecementos da cidade que presentarán as súas creación no Concurso de Pinchos e Menús de Tempada
 
 
 
 
16 de NOVEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Do 21 de novembro ao 4 decembro Ourense celebra as súas xa coñecidas xornadas gastronómicas Sabores de Outono.
Trátase  dunha iniciativa da Concellería de Turismo desenvolta a través da empresa Turismo de Ourense S.A en colaboración coa Unión de Hosteleiros de Ourense, UHO, que pretende actuar como dinamizador do sector hostaleiro da cidade.
Ao mesmo tempo a iniciativa reinvindica o valor da nosa gastronomía como atractivo turístico da cidade e auténtico “patrimonio” ourensán”.

Nesta cuarta edición, Sabores de Outono supera con creces as cifras de participación doutros anos con 41 establecementos inscritos: 24 competindo no Concurso de Pinchos e 17 con propostas de menús de tempada.
Castaña, cogumelos e demais productos de outono volven ser protagonistas.

A tenente alcalde e Concelleira de Turismo, a nacionalista Isabel Pérez, foi a encargada de desvelar todos os detalles desta nova edición de Sabores de Outono, unha iniciativa que crece e se consolida como unha cita imprescindíbel no outono ourensán.
O Centro de Recepción de Visitantes, nos Xardín Padre Feijoo, acolleu o acto de presentación no que a edil do BNG estivo acompañada polo secretario  da Unión de Hosteleiros de Ourense, Javier Outomuro, e o hosteleiro Pedro “Perico” Fernández.

Sabores de Outono plantexa este ano unha dobre proposta coa que redescubrir e desfrutar da mellor gastronomía ourensá. Repítese o Concurso de Pinchos, con 24 establecementos (13 en 2010)  presentado as súas creacións a unha única categoría que optará ao premio do público e máis o dun xurado profesional.
Como complemento ao concurso, 17 restaurantes e taperías (10 en 2010) participan tamén con menús de tempada a prezo pechado, unha fórmula que permite abrir o abano de establecementos participantes nas xornadas.
Tanto nunha modalidade coma noutra a tónica xeral será o emprego de castañas e cogumelos nas preparacións, productos de tempada que conviven tamén coa carne de caza, porco, hortalizas, etc...

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Isabel Pérez  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA