Seara tacha de "elitista" o modelo educativo do PP e recorda que o PSOE duplicou os investimentos
 
Nun acto da campaña de Xuventudes Socialistas en defensa da educación pública e en contra dos recortes do PP en educación, a candidata ao Congreso por Ourense, Laura Seara, cuestionou o modelo dos populares que calificou de "elitista", e recordou que o PSOE sempre duplicou nos orzamentos as partidas que o PP adicou á educación
 
 
 
 
2 de NOVEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Secretaria de Estado de Igualdade e candidata ao Congreso pola provincia de Ourense, Laura Seara, participou este martes pola tarde na campaña de Xuventudes Socialistas en defensa da educación pública e contra os recortes que o Partido Popular está a levar a cabo nas comunidades autónomas nas que goberna.
Seara afirmou que "os socialistas consideramos que a mellor inversión dun país é a educación", e que "fronte ao modelo elitista do PP nós non queremos nin un só recorte en materia educativa".

A Secretaria de Estado de Igualdade sinalou que "a educación claro que é cara, pero máis cara é a ignorancia", e que "o mellor antídoto para todos os virus pasan pola educación", dixo Laura Seara.
Para a número 1 ao Congreso do Partido Socialista por esta provincia, "a igualdade de oportunidades comeza por unha educación pública de calidade”, apuntou, e lembrou que "os socialistas duplicamos o orzamento para a educación".

En este sentido, Seara dixo que o PP investiu de media por lexislatura 1.135 millóns de euros, e o PSOE subiu a inversións ata os 2.427 millóns de euros.
"Estos son os números das persoas, os números que máis nos importan", concluiu a candidata neste acto de apoio a campaña das Xuventudes Socialistas deste martes polas rúas centrais da capital ourensá.
Xuventudes Socialistas lembran que esta campaña dispón de web propia, https://www.secarganlaeducacion.org/, e se complementa con accións informativas directas e con reparto de dípticos entre os cidadáns.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Laura Seara  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA