A cidade de Ourense premio Xogo Limpo dos Xogos do Eixo Atlántico celebrados en Matosinhos
 
A cidade de Ourense é a gañadora do trofeo Xogo Limpo "Nelson Cardoso", o de maio dimensión dos Xogos do Eixo Atlántico que se celebraron este ano na cidade portuguesa de Matosinhos. O Consello Municipal de Deportes felicita e agradece a tódolos que axudaron a conquerilo a súa colaboración e o excelente comportamento
 
 
 
 
28 de OUTUBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Na reunión da Comisión Delegada de Deportes do Eixo Atlántico celebrada este pasado mércores en Vila Nova de Famaliçao, deuse a coñecer o vencedor do Trofeo o Xogo Limpo “Nelson Cardoso”, trofeo que nesta ocasión foi para a expedición da cidade de Ourense.
O trofeo será entregado na inauguración da  vindeira edición dos Xogos do ano 2013, a celebrar nunha cidade galega que aínda está por designar.

Este é o premio de maior dimensión do Eixo en materia deportiva, por comprender o comportamento dos membros da cidade en tódolos ámbitos, tanto no comportamento nos campos deportivos (contabilízanse as tarxetas, faltas persoais, saltos ou lanzamentos nulos, etc.), como no comportamento no comedor, autobuses, hoteis, tanto dos deportistas coma dos técnicos e delegados.

O Consello Municipal de Deportes agradece aos deportistas que acudiron o evento, así como aos clubes e federacións que colaboraron, a súa aportación individual e colectiva a consecución do máximo galardón deportivo do Eixo Atlántico.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA