O Concello de Ourense anuncia un novo programa formativo, agora para 120 desempregados
 
O Concello de Ourense ven de recibir a concesión de unha subvención da Xunta de Galicia para levar a cabo un programa dirixido á formación especializada en termalismo, comercio e axuda no fogar. Este programa vai permitir que 120 desempregados poidan acceder a un posto de traballo, e o Concello de Ourense contabiliza xa 665 participantes en programas específicos de formación para a inserción sociolaboral. Este novo programa suporá un investimento de 182.000 euros
 
 
 
 
 
18 de OCTUBRE de 2011: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense coa colaboración da Xunta de Galicia desenvolverá un proxecto destinado a facilitar formación especializada nos sectores do termalismo, comercio e axuda no fogar. Este programa permitirá acceder a un posto de traballo a 120 desempregados ourensáns, segundo informou este luns o propio Concello desta cidade.
Coordinado pola Concellería de Promoción Económica e Emprego que dirixe José Angel Vázquez Barquero, o programa integrado Intermedia desenvolverase dende o presente mes de outubro ata abril de 2012.

O Concello de Ourense ven de recibir a comunicación, por parte da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, da concesión dunha subvención para executar este programa, ao abeiro da orde de 12 de maio de subvencións para o desenvolvemento de programas de formación para o emprego. Participarán 120 desempregados, e os obxectivos son acadar alomenos 48 insercións laborais. Para este finalidade, disponse dun orzamento total de 182.144,40 euros en dúas anualidades (2011 e 2012), dos que o Concello achegará 24.831,70 euros anuais e a Xunta 66.240 euros anuais.
O proxecto, dirixido a persoas desempregadas, reservará o 60% das prazas a persoas que an actualidade estean a recibir prestacións ou subsidios por desemprego que se atopen en situación de paro como consecuencia dunha crise empresarial.

A finalidade do programa é acadar a inserción laboral dos participantes en empresas adicadas aos servizos de axuda no fogar.

Máis de 600 participantes en programas de inserción laboral

Sinala o departamento de Vázquez Barquero que a execución deste programa integrado permitirá dar continuidade aos programas de inserción sociolaboral que o Concello de Ourense ven desenvolvendo durante os últimos catro anos. Con este programa, elevarase a 665 o número de participantes en programas específicos de formación para a inserción sociolaboral.

Entre eles, os programas integrados Aténdeme, que contou con 100 participantes, centrado nos sectores de medio ambiente e atención sociosanitaria a persoas dependentes, o programa integrado Piter (que proporcionou formación a 150 desempregados para a súa inserción laboral no sector de Medio Ambiente), e o programa experimental en materia de emprego Proexpem (35), centrado tamén no sector do Medio Ambiente. A estes programas únense os cursos formativos nos sectores da Informática (195 participantes), Traballador forestal (15), ou a Escola Obradoiro A Imprensa, que deu formación a 50 alumnos nas especialidades de albanelería, cantería, carpintería e forxa)

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  José Ángel Vázquez Barquero  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 18, LUNES
 
La oposición de Calvos de Randín exigirá esta semana que se repita el pleno de la moción de censura ...
Los populares imputan al PSOE la campaña de firmas de adhesión al condenado alcalde de Punxín
El PP dice que los alcaldes de Punxín y de Calvos “contan coa complicidade do seu partido”, el PSOE
El portavoz del PP dice que por donde pasa el Gobierno de Ourense no vuelve a crecer la hierba
Setestrelo entregó premios y Francisco Novoa adelantó proyectos para 2011